12/13/2010

O PP DE SALCEDA DE CASELAS ORGANIZA UNHA CONFERENCIA CENTRADA NO IRPF


Impartida por un profesional na materia, a conferencia celebrarase o vindeiro luns, 13 de decembro, ás 20.30 horas no Centro Social da Devesa

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

A actividade enmárcase nun programa de coloquios nos que se tratarán temas de actualidade de diversa índole e de interese para os veciños

O Partido Popular de Salceda de Caselas continúa co seu programa de conferencias e charlas informativas co obxectivo de tratar asuntos de máxima actualidade e de diversa índole, abertas á participación de todo aquel que queira asistir.

Deste xeito, o vindeiro luns, 13 de decembro, celebrarase unha conferencia centrada no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), na que un profesional na materia exporá a normativa vixente ao respecto e todo o que engloba este concepto económico, resolvendo tamén todas aquelas preguntas que xurdan por parte do público asistente. O coloquio dará comezo ás 20.30 horas no Centro Social da Devesa.

A intención do PP é de celebrar unha conferencia cada mes, achegando aos veciños temas de interese xeral e que lles incumbe en maior ou menor medida, a maiores do resto de actividades organizadas dende o partido, como xa ben se comprometera Santiago Rodríguez Davila na súa toma de posesión como presidente dos populares salcedenses.

Polo de agora, xa se celebraron dous coloquios, un sobre as axudas ás explotacións agrarias de Galicia e outro sobre a Lei de Dependencia, ámbolos dous cun gran éxito de público, e provese continuar coa actividade nos meses do vindeiro ano 2011.

O COMITÉ LOCAL DO PP DE SALCEDA DE CASELAS RATIFICA POR UNANIMIDADE A SANTIAGO RODRÍGUEZ DAVILA COMO CANDIDATO Á ALCALDÍA




A cea-baile de Nadal celebrada o pasado domingo reuniu a máis de 200 persoas, entre afiliados, simpatizantes e persoeiros do Partido Popular que apostaron polo cambio en Salceda

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

Salceda de Caselas, 10 de decembro de 2010.- O Partido Popular de Salceda de Caselas continúa a súa andaina cara ao logro nos vindeiros comicios municipais. Para elo, o Comité local do PP vén de ratificar, nunha asemblea celebrada nos últimos días a Santiago Rodríguez Davila como candidato á Alcaldía para as eleccións de maio de 2011. Rodríguez Davila, actual concelleiro do grupo municipal do PP proclamárase por unanimidade presidente dos populares salcedenses o pasado mes de abril no IV Congreso local e agora foron os membros que compoñen o Comité local os que, mediante o cen por cen dos votos en urna, ratifícano como candidato á Alcaldía.

Na traxectoria desta nova andaina que ten como obxectivo acadar un goberno único e de maioría absoluta que vele polas necesidades e o benestar dos salcedenses, o PP vén de celebrar o pasado domingo unha cea-baile de Nadal, como xa o fixera en anos anteriores, á que asistiron máis de 200 persoas entre afiliados, simpatizantes e persoeiros do partido. Nesta xuntanza de confraternidade apostouse polo cambio en Salceda de Caselas, avogando por un goberno máis responsable e austero, que identifique e atenda as necesidades reais dos veciños.

Inauguración sede PP en Salceda (VIA tv)

Inauguración Sede del PP en Salceda from VIA TV on Vimeo.

11/30/2010

O PP DE SALCEDA DE CASELAS TRABALLA POLO PROGRESO E AVANCE DO MUNICIPIO


Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

Ao longo dos últimos anos, os populares foron quen de presentar propostas construtivas en resposta ás demandas e necesidades do veciños. Ademais dos “oídos xordos” do Goberno local, as peticións e solicitudes do PP local deron pé a que se mellorase o mobiliario urbano, o alumeado público ou a seguridade viaria

O Partido Popular de Salceda de Caselas traballa cada día co obxectivo de atender e cubrir as necesidades de todos os veciños. “A pesar de estarmos na oposición o noso grupo está a realizar diferentes xestións co fin de acadar unha Salceda mellor”, explica Santiago Rodríguez Davila, presidente e concelleiro do PP. “Cada día que pasa traballamos polo progreso e avance do noso municipio, todos os pasos que damos céntranse na mellora da calidade de vida de todos os cidadáns, respondendo ás súas demandas”, engade.

Deste xeito, dende o Partido Popular de Salceda de Caselas lembran que nestes últimos anos estase a realizar un proxecto construtivo para a vila e para todas as súas parroquias. Neste senso, Rodríguez Davila apunta, aludindo ao Goberno local, que “non só criticamos o que o Concello fai, senón que aportamos alternativas e propostas construtivas, velando sempre polo ben de todos, aínda que logo estas non se teñan en conta, facendo, como xa vén sendo habitual, oídos xordos”.

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

Con todo, ao longo destes anos, mediante as peticións e solicitudes do PP local, conseguíronse para Salceda de Caselas: a colocación de espellos en diferentes estradas e zonas para mellorar a seguridade viaria; o amaño da parada do autobús escolar situada ao carón do IES Parderrubias; a reparación de moitos puntos de luz por todo o Concello, “xa que dende o Goberno local non se decataban de moitas incidencias deste tipo ao non realizaren un seguimento continuado dos servizos”; a modificación de sinais de tráfico no casco urbano e a limpeza de pintadas en paredes de casas particulares, consecuencia de actos vandálicos.

En xeral, “conseguimos investimentos importantes en materia de cultura, deporte e infraestruturas procedentes da Deputación de Pontevedra e somos conscientes tamén de que aínda nos queda moito máis por conseguir, por iso mesmo seguiremos facendo todo o posible para acadar o máximo para Salceda de Caselas e para os seus veciños”, conclúe Rodríguez Davila.

11/25/2010

Cea de Nadal 2010

A cita será o domingo 5 de decembro, a partir das 20.30 h nas Bodegas La Val


A medio ano das eleccións municipais, o Partido Popular de Salceda de Caselas consolídase e segue a traballar, cada vez con máis forza e trazando novas estratexias, para acadar o obxectivo último: un goberno único e de maioría absoluta que vele polas necesidades e o benestar dos veciños.

Para festexar este afianzamento, o domingo 5 de decembro, á partir das 20.30 horas nas Bodegas La Val de Arantei (Salvaterra de Miño), celebrarase unha cea-baile de Nadal á que acudirán os concelleiros e membros do Comité Local e diferentes personalidades do Partido Popular a nivel provincial, autonómico e nacional, así como, por suposto, todos aqueles afiliados e simpatizantes que o desexen.

Deste xeito, todas aquelas persoas interesadas en asistir a esta cita, de importante relevancia para os populares salcedenses, poderán sacar a súa entrada chamando aos teléfonos 606 859 285 e 986 340 906, ben enviando un correo electrónico ao enderezo ppsalceda@gmail.com ou achegándose á sede do partido na rúa Mártires de Sobredo

11/16/2010

NOVO ÉXITO DA CONFERENCIA SOBRE A LEI DE DEPENDENCIA ORGANIZADA POLO PARTIDO POPULAR DE SALCEDA DE CASELAS


Os populares lamentan a actitude do Goberno local que “se acorda agora, despois de catro anos, de organizar charlas deste tipo, facendo contraprogramación as actividades organizadas polo PP”

O Partido Popular de Salceda de Caselas amosa, unha vez máis, a súa satisfacción ante o éxito que está a ter o programa de conferencias e charlas informativas organizadas dende o partido co obxectivo de tratar asuntos de actualidade de diversa índole, abertos á participación de todo aquel que queira asistir.

Máis dun cento de persoas acudiron ás dúas conferencias celebradas ata o de agora. A última, onte luns no centro A Devesa, estivo centrada no Sistema Galego de Atención á Dependencia, na que un profesional na materia expuxo a normativa vixente ao respecto, as diferentes axudas e a maneira de tramitalas, resolvendo tamén todas aquelas preguntas que xurdiron por parte do público asistente.

Por outra parte, o PP lamenta que esta súa iniciativa “pareza ser plaxiada polo Goberno local que agora, despois de catro anos, acordou facer tamén este tipo de conferencias”, explica Santiago Rodríguez Davila concelleiro e presidente do PP de Salceda de Caselas. Neste caso faise referencia á charla organizada, “casualmente tamén onte e á mesma hora”, polo concelleiro de Medio Ambiente sobre a Lei de Augas. “Un acto do que o público asistente saíu desconcertado e coas ideas máis confusas”.

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

“Se realmente, como ben din os seus dirixentes, o Concello quere velar polos intereses dos veciños, que deixen que estes veciños poidan acudir a todo tipo de actos informativos e non provoquen, como así o fixeron onte, que teñan que elixir entre un e outro. Con esta actuación, o Goberno local amosou que súa conferencia non era informativa senón meramente política e electoralista”, asegura Rodríguez Davila que insta ao señor Cabaleiro a que “deixe xa Salceda e se vaia para o concello onde realmente xa está a dirixir as súas perspectivas e plans de futuro, dando paso a quen si loita polos intereses de todos os salcedenses como ben facemos dende o Partido Popular”.

A intención do PP é de celebrar unha conferencia cada mes, achegando aos veciños temas de interese xeral e que lles incumbe en maior ou menor medida, a maiores do resto de actividades organizadas dende o partido, como xa ben se comprometera Santiago Rodríguez Davila na súa toma de posesión como presidente dos populares salcedenses. Nesta liña, está previsto outro coloquio a celebrar durante o vindeiro mes de decembro.

11/11/2010

O PP DE SALCEDA DE CASELAS INSTA AO GOBERNO LOCAL A QUE LLE PAGUE ÁS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS OS CARTOS QUE LLE DEBE


Está a rematar o ano e estas agrupacións seguen sen recibir o comprometido polo Concello pola súa participación nos desfiles do día de Reis e no Entroido

O Partido Popular de Salceda de Caselas denuncia o comportamento non correcto do Goberno local coas diferentes asociacións culturais e veciñais participantes nos desfiles das festas do Nadal e do Entroido. “Imos rematar o ano e estas agrupacións seguen sen recibir a cantidade económica comprometida co Concello”, explica Santiago Rodríguez Davila concelleiro e presidente do PP local. Trátase dunha cantidade “moi poco significante” para as arcas municipais e, pola contra, “moi valiosa” para estas asociacións. “A día de hoxe non se pagaron nin a participación nas carrozas no día de Reis nin tampouco os premios do desfile de Entroido”. Polo que, dende o Partido Popular de Salceda de Caselas “instamos a este Bigoberno a que cumpra co seu deber e co que prometeu no seu día e lles pague estes cartos pendentes ás diferentes asociacións”, subliña o edil do PP.

Con esta actitude estase a provocar que a participación nestas xornadas festivas vaia en descenso, “desanimando a todas estas asociacións que enchen de vida e cor o noso municipio, pois algunha delas xa está dubidando se participar ou non”, sinala Rodríguez Davila. “Non serve de nada ir anunciando premios e axudas se logo non se cumpren, estamos, unha vez máis ante outra das grandes mentiras e enganos do Bipartito salcedense”, conclúe o presidente do PP local.

11/10/2010

Estrea da película The Way (Martin Sheen)





Xunta de Galicia Recorda que o 19 de novembro se estrea, en toda España, a película "The Way", baseada no Camiño de Santiago. Segundo o equipo da película, no visionado en Estados Unidos un 97% recomendou ver a película e un 90% expresou o seu interese en facer o Camiño... Interesante, non?

O PP DE SALCEDA AMOSA O SEU DESCONTENTO POLA ACTITUDE SECTARIA DO GOBERNO LOCAL NA INAUGURACIÓN DO C. DE F. DE PENEDO REDONDO


· Os dirixentes municipais non convidaron aos concelleiros populares ao acto, dando preferencia a persoeiros provinciais e rexionais do BNG

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

O Partido Popular de Salceda de Caselas viviu onte unha nova mostra de desprezo por parte do Goberno local que non foi quen de convidar aos concelleiros do grupo municipal do PP á inauguración do campo de fútbol de Penedo Redondo. No entanto, os populares acudiron igualmente ao lugar sito na parroquia de Parderrubias para celebrar a finalización deste gran proxecto no que o PP de Salceda de Caselas tamén contribuíu a través das diferentes xestións coa propia Deputación de Pontevedra para que este ente aportara máis do acordado nun principio e, como finalmente, así fixo.

Dende o PP non se entende como no acto de presentación destas novas instalacións deportivas había asentos reservados para autoridades do BNG a nivel provincial e rexional e non existía ningún destinado aos concelleiros do PP de Salceda de Caselas. “Trátase dun xesto nada apropiado e vergoñoso por parte deste Bipartito, do que un pode esperar xa calquera despropósito”, sinala Santiago Rodríguez Davila concelleiro e presidente do PP local. “Atopámonos unha vez máis ante unha mostra clara de sectarismo, no que eles incorren a diario”, conclúe.

11/09/2010

Inauguración da nova sede do Partido Popular de Salceda






















Fotográfias da inauguración
da nova sede do Partido Popular de Salceda de Caselas, sita na rúa Mártires
de Sobredo, á cal asistiron todos os membros do Comité Local, encabezado
polo seu presidente Santiago Rodríguez Davila; José Manuel Figueroa,
vicepresidente do PP Provincial de Pontevedra e numerosas
personalidades do partido a nivel local, comarcal e rexional. Tralo
descubrimento da praca conmemorativa e o corte de cinta, a nova sede
foi bendicida e fíxose unha proxección de imaxes. Para clausurar o
acto soou o Himno Galego.

11/05/2010

O PARTIDO POPULAR DE SALCEDA DE CASELAS INAUGURA A SÚA NOVA SEDE


  • Rafael Louzán asistirá, xunto con outras personalidades do partido a nivel local, comarcal e rexional, ao acto de inauguración hoxe venres ás 20.30 horas, no número 1 da rúa Mártires de Sobredo, ao que están convidados todos os afiliados e simpatizantes



Continuando co traballo de construción dun novo proxecto para Salceda de Caselas e seguindo a andaina comezada coa proclamación de Santiago Rodríguez Davila como presidente do PP local, os populares salcedenses dan un novo paso cara ao reto do Goberno municipal e inauguran a súa nova sede.

Ata o de agora os membros do Comité local reuníanse nun local sito na rúa Vigo no centro da vila de Salceda, a partir de entón farano noutro moi próximo, localizado no número un da rúa Mártires de Sobredo. Deste xeito, a sede pasa de ser un piso duns 90 metros cadrados a un baixo moito máis amplo, cómodo e axeitado para traballar en grupo.

Con motivo do estreno deste novo centro, o Partido Popular de Salceda de Caselas celebra, hoxe venres, un acto de inauguración ao que están convidados todos os seus afiliados e simpatizantes e no que estarán presentes, ademais de todos os membros do Comité local encabezados polo seu presidente Santiago Rodríguez Davila, Rafael Louzán, presidente do PP Provincial de Pontevedra e outras personalidades do partido a nivel local, comarcal e rexional. O acto será ás 20.30 horas nas propias instalacións da nova sede.


11/03/2010

O PARTIDO POPULAR DE SALCEDA DE CASELAS APUNTA AO GOBERNO LOCAL COMO O RESPONSABLE DA FALLA DE SUMINISTRO DE AUGA DURANTE TODA A XORNADA DO DOMINGO

  • Por mor da tormenta o depósito quedou sen corrente e deixou sen auga aos miles de veciños do centro da vila. O servizo de mantemento que ata fai uns meses corría a cargo de dous operarios do Concello agora depende dunha empresa externa á cal ninguén informou a tempo da avaría, xa que a coordinación e eficacia por parte dos dirixentes municipais non funciona


Salceda de Caselas, 2 de novembro de 2010.- O Partido Popular de Salceda de Caselas denuncia a actuación irresponsable do Goberno local, apuntándoo como único responsable da falla de suministro de auga durante a xornada do pasado domingo, 31 de outubro.

“Por mor das fortes tormentas acontecidas ao longo da fin de semana produciuse un corte do suministro eléctrico e todo o depósito, localizado en San Xurxo, deixou de funcionar polo que os miles de veciños do centro de Salceda de Caselas que se abastecen del quedaron sen auga”, explica Santiago Rodríguez Davila, concelleiro e presidente do PP local.

Ata o mes de abril existían dous operarios do Concello destinados a cubrir este tipo de avarías, pero dende entón este servizo foi asumido por unha empresa externa. “Ante a falta de coordinación dos dirixentes municipais a empresa non tivo aviso da avaría ata despois de moitas horas, de xeito que todos os habitantes do centro da vila quedamos sen auga dende primeira hora do domingo ata pasadas as dez da noite”, asegura Rodríguez Davila.

“Estamos, unha vez máis, ante a falta de incompetencia do Goberno local, máis se cabe do concelleiro responsable de Medio Ambiente, Enrique Cabaleiro, que de seguro non se enterou do problema porque non o sufriu xa que a súa vida faina en Tui, municipio no que realmente xa está a traballar e a poñer as súas expectativas de futuro despois de que anunciase encabezar a lista dos socialistas neste concello”, conclúe o presidente do PP de Salceda de Caselas.


10/29/2010

UN CENTO DE PERSOAS ACUDIRON Á CONFERENCIA SOBRE AXUDAS ÁS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS DE GALICIA ORGANIZADA POLO PARTIDO POPULAR DE SALCEDA DE CASELAS


  • A actividade enmárcase nun programa de coloquios nos que se tratarán temas de actualidade de diversa índole e de interese para os veciños. Antes de rematar o ano están previstas outras dúas charlas informativas, unha sobre a lei de dependencia e outra centrada na fusión das caixas galegas

O Partido Popular de Salceda de Caselas está a organizar un programa de conferencias e charlas informativas co obxectivo de tratar asuntos de actualidade de diversa índole, abertos á participación de todo aquel que queira asistir.

Deste xeito, o pasado luns, 25 de outubro, celebrouse a primeira das conferencias, que contou cunha afluencia masiva de público, centrada nas axudas ás explotacións agrarias da Comunidade Autónoma de Galicia xestionadas polos Servizos de Explotacións Agrarias e Oficinas Agrarias Comarcais da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. O Centro Social da Devesa acolleu a preto de cen persoas que se deron cita para escoitar as explicacións dun experto na materia, aportando os seus coñecementos e resolvendo todo tipo de dúbidas formuladas.

A intención do PP é de celebrar unha conferencia cada mes, achegando aos veciños temas de interese xeral e que lles incumbe en maior ou menor medida, a maiores do resto de actividades organizadas dende o partido, como xa ben se comprometera Santiago Rodríguez Davila na súa toma de posesión como presidente dos populares salcedenses. Polo de agora, están previstos outros dos coloquios ata finais de ano, un no mes de novembro sobre a lei de dependencia e outro en decembro centrado en na análise da situación económica actual facendo especial fincapé na fusión das caixas galegas.

10/21/2010

O PP DE SALCEDA DE CASELAS FAI UN BALANCE NEGATIVO DO RESULTADO FINAL E TILDA AO GOBERNO LOCAL DE DEMAGÓXICO


  • Reducíronse as prazas de aparcamento, non se creou a zona de carga e descarga diante da fonte nin tampouco a zona verde prosposta polo PP, unha alternativa construtiva ante á cal o Bigoberno “fixo oídos xordos”

O Partido Popular de Salceda de Caselas non sae do seu asombro ante a demagoxia coa que actúa o Goberno local e os seus dirixentes. O Concello inaugura a reforma das tres rúas centrais (Avenida de Galicia, Joaquín Fernández Sestelo e Victoriano Pérez) e no seu comunicado non hai máis que informacións incorrectas e mentiras. “Ademais de facer as cousas sen contar coa opinión da oposición e dos diferentes colectivos veciñais e empresariais, fixo oídos xordos ás propostas construtivas prensentadas polo PP”, explica o concelleiro e presidente dos populares, Santiago Rodríguez Davila. Dende o Partido Popular remárcase que “sempre estivemos de acordo coa humanización da vila, pero dun xeito ordenado, no que convivan vehículos e peóns, evitando o caos circulatorio que é o que se producirá de aquí en diante ao impedir cruzar o centro”.

As modificacións ao proxecto presentado polo Goberno local centrábanse, sobre todo, na posibilidade de acceder ao centro da vila pola Avenida de Galicia, no aumento do número de prazas de aparcadoiro e na creación dunha zona verde, para unha maior rotación no aparcamento de vehículos e axilización do tráfico. “Cuestións ningunha delas executadas, ao igual que tampouco o soterramento dos colectores do lixo que nós tamén propoñíamos”, sinala Rodríguez Davila.

Respecto das prazas de aparcadoiro a situación é totalmente contraria, en vez de aumentar elimináronse “e non só cinco, senón un total de 20”. Ademais, tampouco se creou a zona de carga e descarga diante da fonte como se contemplaba na prosposta do PP.

En referencia á recuperación dun tramo de empedrado da antiga estrada Porriño-Salvaterra “agora dátano de 1940 e fai uns meses de 1900; xa non se trata de indicar o ano exacto senón do feito de mentir, dicindo primeiro unha cousa e logo outra, una situación que se da con moita frecuencia neste Bigoberno”, asegura o presidente do PP local.

Tamén se anunciou o cambio de toda a tubaxe do saneamento nas tres rúas “cando realmente só se mudou a da marxe dereita da rúa Fernández Sestelo”. E en canto ao abastecemento de auga só se cambiou na rúa Fernández Sestelo “e non nas outras dúas como así se dixo dende o Goberno”.

Por outra parte, “a limitación do tráfico pesado da que falan será dubidosa” pois moitos destes vehículos só teñen esta vía como única entrada á vila e acceso a outras zonas do arredor, “de xeito que seguirán atravesando o centro urbano porque non existe outra alternativa”. Nesta liña, Rodríguez Davila lembra que “antes de facer toda esta inversión, para a cal non consultaron con ninguén, a prioridade para a ordenación do tráfico en Salceda de Caselas estaba na construción dunha circunvalación real pola zona de A Pedra e A Ribeira”.

10/20/2010

CONFERENCIA SOBRE AXUDAS,ACONSELLAMENTO E IMPLANTACIÓN PARA AS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS






  • Impartida por un técnico na materia, a conferencia celebrarase este luns, ás 20.30 horas no Centro Social da Devesa

  • A actividade enmárcase nun programa de coloquios nos que se tratarán temas de actualidade de diversa índole e de interese para os veciños. Antes de rematar o ano están previstas outras dúas charlas informativas, unha sobre a lei de dependencia e outra centrada na fusión das caixas galegas


O Partido Popular de Salceda de Caselas está a organizar un programa de conferencias e charlas informativas co obxectivo de tratar asuntos de actualidade de diversa índole, abertos á participación de todo aquel que queira asistir.

Deste xeito, o vindeiro luns, 25 de outubro, celebrarase a primeira das conferencias centrada nas axudas ás explotacións agrarias da Comunidade Autónoma de Galicia xestionadas polos Servizos de Explotacións Agrarias e Oficinas Agrarias Comarcais da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. O coloquio que será dirixido por un técnico experto na materia dará comezo ás 20.30 horas no Centro Social da Devesa.

A intención do PP é de celebrar unha conferencia cada mes, achegando aos veciños temas de interese xeral e que lles incumbe en maior ou menor medida, a maiores do resto de actividades organizadas dende o partido, como xa ben se comprometera Santiago Rodríguez Davila na súa toma de posesión como presidente dos populares salcedenses. Polo de agora, están previstos outros dos coloquios ata finais de ano, un no mes de novembro sobre a lei de dependencia e outro en decembro centrado en na análise da situación económica actual facendo especial fincapé na fusión das caixas galegas.

10/14/2010

O PARTIDO POPULAR DE SALCEDA DE CASELAS PEREGRINA A SANTIAGO DE COMPOSTELA





  • Os populares organizaron unha marcha a pé con motivo do Ano Santo que saiu de Sarria o pasado sábado, chegando á capital galega onte, día da Hispanidade

  • A experiencia foi tan positivia para os máis de 50 participantes que xa se está a programar a realización de dúas etapas máis, dende o Cebreiro ata Sarria, para completar o camiño francés ao seu paso por Galicia

Salceda de Caselas, 13 de outubro de 2010.- Primeiro foi á Franqueira e agora, con motivo do Ano Santo, o Partido Popular de Salceda de Caselas organizou unha peregrinaxe a Santiago de Compostela. Foron un total de 53 persoas as que, a primeira hora do pasado sábado, saíron a pé dende a localidade lucense de Sarria camiño da capital galega.

A primeira etapa levounos ata Portomarín; o domingo a ruta continuou ata Melide, sendo esta a etapa máis longa con 40 kilómetros de percorrido; o luns proseguiron o camiño ata a localidade de Pedrouzo, no concello de O Pino e, finalmente, o martes 12, día da Hispanidade e festividade do Pilar os peregrinos salcedenses chegaron a Santiago de Compostela.

A experiencia foi tan positiva para todos que dende o PP xa se está a organizar a realización das outras dúas etapas que faltan para completar o camiño francés en terras galegas. Será un sábado e un domingo do mes de novembro cando percorran a distancia entre o Cebreiro e Sarria.

10/13/2010

O PARTIDO POPULAR DE SALCEDA DE CASELAS insta ao goberno local ao arranxo do alumeado público nalgunhas parroquias


  • Despois de que se roubara cable de cobre fai máis dun mes, dende o Concello non se fixo nada por substituír o material roubado provocando que centos de veciños se queden sen un servicio de vital necesidade


Salceda de Caselas, 8 de outubro de 2010.- O Partido Popular de Salceda de Caselas denuncia a actuación de deixadez do Goberno local respecto da falla de alumeado público nalgunhas parroquias, a causa do roubo do cableado. Dende o PP consideran que se está excedendo a situación, “fai xa máis dun mes que centos de veciños están a padecer a carencia deste servizo e os dirixentes municipais non están a levar ningún tipo de actuación para remedialo”, explica Santiago Rodríguez Davila concelleiro e presidente do Partido Popular de Salceda de Caselas.

Os populares comprenden que un incidente como este “non se resolve dun día para outro e hai que dar un marxe para elo”, pero a día de hoxe ese límite xa se sobrepasou e en diversos lugares das parroquias de Parderrubias, Budiño e Entenza non hai alumeado público e por parte do Goberno local non se percibe que a situación cambie, “pois non se observa ningunha actuación ao respecto”. Por este motivo, dende PP instan ao Goberno local ao arranxo do alumeado público neses puntos.

9/16/2010

O PARTIDO POPULAR DE SALCEDA DE CASELAS PEREGRINA A SANTIAGO DE COMPOSTELA



Os populares organizan unha marcha a pé con motivo do Ano Santo que sairá dende Sarria o día 9 de outubro, chegando á capital galega o día 12

Salceda de Caselas, 15 de setembro de 2010.- O Partido Popular de Salceda de Caselas continúa co seu afán de peregrinaxe. A pasada fin de semana un grupo de máis de trinta persoas camiñaron cara ao Santuario da Franqueira, na Cañiza, e agora estase a organizar o camiño a Santiago.
Dende o PP animan a todos os salcedenses a participar desta marcha con motivo do Xacobeo e compartir así unha experiencia única nun ano único. A peregrinaxe comezará na localidade lucense de Sarria o día 9 de outubro prolongándose ata a xornada da festividade da Virxe do Pilar, día 12, realizando un percorrido de 112 kilómetros. O desprazamento dende Salceda de Caselas ata Sarria farase en autobús, saíndo ás 06.30 horas, do sábado 9, dende a Devesa.ç
A data límite de inscrición é o 30 de setembro, para elo ou para solicitar unha maior información sobre dita actividade poden chamar aos teléfonos 659 032 808 ou 606 859 285 ou dirixirse a través do correo electrónico escribindo a ppsalceda@gmail.com

9/09/2010

O PP DE SALCEDA DE CASELAS denuncia a actuación do goberno local ante o incumprimento da seguridade vial

Abertas as rúas centrais despois das obras non se colocaron ningún tipo de sinalización, o que está a provocar graves problemas circulatorios

Salceda de Caselas, 8 de septiembre de 2010.- O Partido Popular de Salceda de Caselas amosa a súa preocupación ante o caos circulatorio creado no centro da vila por mor da falta de sinalización nas rúas centrais, Avenida de Galicia, Joaquín Fernández Sestelo e Victoriano Pérez, unha vez abertas ao tráfico tralas obras correspondentes ao proxecto de humanización.
Dende o PP aseguran que non existe ningunha sinal que indique o “stop” na rúa Brasil para a incorporación á Avenida de Galicia, tampouco outra de dirección prohibida na rúa Fernández Sestelo nin a que indique a prohibición de xirar á esquerda na Avenida de Galicia cara á rúa Brasil. “Estas rúas foron abertas o domingo pola noite e a día de hoxe non existe ningún tipo de sinalización para que os conductores poidan circular de xeito adecuado, polo que estanse a provocar graves atrancos e as consecuencias poden chegar a ser máis extremas”, explica o presidente do PP local Santiago Rodríguez Davila. “Estamos, novamente, ante unha falta de organización e coordinación do Goberno local que está a dar pé a un grave problema de seguridade vial”, conclúe.

8/30/2010

"Salceda necesita tener un alcalde más cercano"




SANTIAGO RODRIGUEZ DAVILA - Portavoz del PP en Salceda

G. PORTO - SALCEDA Aunque no es oficial y él no quiere desvelarlo por respeto al partido, Santiago Rodríguez Davila será el candidato del PP en las próximas elecciones municipales en Salceda de Caselas. Su entrada en la Corporación tras provocar un efecto dominó que le colocó como concejal a pesar de ir el último en la lista, desvela con claridad la potencialidad política del actual portavoz del PP y presidente del grupo local tras uno de los últimos congresos de este partido.
– Se le ve a usted con una gran proyección, ¿encabezará la lista a las elecciones municipales de 2011?
– El partido no ha tomado la decisión y debo respetarlo pero yo estaría muy satisfecho encabezando la candidatura para colaborar en llevar adelante el proyecto que tenemos para Salceda un equipo de hombres y mujeres
– Pero el hecho de haber sido elegido como presidente local es una primera parte...
– Me siento muy orgulloso y agradecido de todos cuantos me dieron su apoyo, estoy muy contento de la labor que están haciendo todos y cada uno de los integrantes del comité local que tengo la honra de presidir, pero lo más importante será saber cumplir las expectativas es estar la altura del que los vecinos se merecen y esperan de nosotros.
– ¿Tiene muchos defectos el actual gobierno?
–Muchos vecinos me dicen que el gobierno local va un poco de soberbio y prepotente, pensando que siempre tienen la razón. Y cierto es que en la mayoría de las veces las formas no son las correctas hacia muchos vecinos, lejos quedó el buen hacer en la atención los mismos por el ex alcalde que atendía a cualquiera en cualquier sitio y hora, siendo un vecino más y sin darse esos aires de superioridad que tiene el señor de ahora. Además para ser atendido tenemos que ir los días disponibles... En vez de por la administración el servicio de la ciudadanía, con este bipartito, tienen que ponerse los vecinos el servicio de los que nos intentan gobernar. Tras las elecciones, en el PP Salceda volverá a tener un gobierno y un Alcalde cercano...
– Pero no puede negar que se están haciendo obras...
– El Plan E también llegó a Salceda, pero, por ejemplo, la humanización del centro; siempre dijimos que Salceda tenía y tiene otras prioridades, como hacer una verdadera circunvalación para descongestionar el tráfico de las calles centrales, el saneamiento, un complejo deportivo para practicar diferentes modalidades deportivas y otras muchas prioridades antes de hacer lo que se esta haciendo. Pero ya que se hace, cuando menos tenían que haber tenido en cuenta las propuestas alternativas que nuestro grupo presentó, y que tenían el respaldo casi en su totalidad de los comerciantes y de la AAVV Caselas, y que fueron rechazadas...
– ¿Habrá nuevo centro médico?
– Este bigobierno de conveniencia política y económica, es un retrato del de Zapatero, muchas promesas, mucha más propaganda y carteles, manipulan los datos sin ningún pudor y sobre todo, prometen lo que luego no saben cumplir. En cuatro años, por desgracia para los vecinos, tan solo tendremos los terrenos por ocupación forzosa y no por cesión a través del desarrollo del PERI, como sería el lógico y lo normal si fueran unos buenos gestores. Junto con el prometido polígono industrial, el centro de salud será otra promesa incumplida.



http://www.farodevigo.es/comarcas/2010/08/29/salceda-necesita-alcalde-cercano/468139.html

8/24/2010

O PP de Salceda de Caselas congratúlase polo remate das obras no campo de fútbol de Budiño


“Desde o PP local loamos iniciativas deste tipo que axuden a apoiar aos clubs locais con menos recursos e ao deporte e en xeral”, asegura o presidente dos populares, Santiago Rodríguez Davila.

O PP de Salceda de Caselas alégrase polo remate das obras do fondo da portería no campo de fútbol de Budiño, unha obra moi demandada polo club salcedense, que se puido facer realidade a través do Plan de Acción Comunitaria do ano 2009 da Deputación Provincial de Pontevedra. O organismo provincial subvencionou ao Club de Fútbol de Budiño cunha axuda de 10.000 euros.

O PP local visitou o campo de fútbol para comprobar in situ o remate das obras, Santiago Rodríguez Davila concelleiro e presidente do PP local estivo acompañado polos populares, Lupe González, Manuel Rodríguez e Alfonso Domínguez.

O presidente do PP de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, considera que “o apoio ao deporte base é unha das líneas de traballo da Deputación de Pontevedra, e está demostrando un compromiso serio e firme coa promoción da actividade deportiva no municipio de Salceda de Caselas”.

Nesta liña, Davila considera que “as subvencións que se ofrece desde o organismo provincial aos clubs deportivos son unha das mostras deste apoio, e desde o PP local loamos iniciativas deste tipo que axuden a apoiar aos clubs locais con menos recursos e ao deporte e a saúde en xeral”.

8/18/2010

A romería popular de Salceda de Caselas reúne a máis de 300 afiliados nun xantar de confraternidade no que non faltou o humor e a música



















































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































Humor, música, alegría e grandes doses de ilusión e optimismo foi o que se viviu esta fin de semana na I Romaría do PP de Salceda de Caselas, na que participaron máis de 300 militantes desta localidade, ademais de representantes do partido procedentes doutros puntos da provincia.
Organizada polo Comité Local dos populares que preside Santiago Rodríguez Davila e que está integrado por 37 persoas, a I Romería contou coa presenza da secretaria xeral do PP provincial, Begoña Estévez, e doutros membros do Comité Executivo Provincial, como Lucía Molares, que quixeron coa súa presenza dar todo o apoio da directiva provincial ao proxecto do PP de Salceda de Caselas, que desenvolve unha enorme labor neste concello.
A I Romaría Popular de Salceda de Caselas, que se celebrou no lugar de Borralliño, na parroquia de Soutelo, concibiuse como unha xornada de festa, encontro e alegría, unha oportunidade para que todos os militantes e afiliados ao PP que o desexaran puidesen intercambiar impresións e compartir un xantar de confraternidade que estivo animado pola música dunha charanga e polo humor de Somoza.
O éxito de participación e o ambiente que reinou durante toda a xornada non son máis que unha mostra da consolidación do proxecto popular en Salceda de Caselas que está a traballar intensamente para afrontar con todas as súas forzas o gran reto que suporán as eleccións de maio de 2011, nas que, sen dúbida, aspiran a acadar a maioría absoluta que permita gobernar este concello.