Os populares organizaron unha marcha a pé con motivo do Ano Santo que saiu de Sarria o pasado sábado, chegando á capital galega onte, día da Hispanidade
A experiencia foi tan positivia para os máis de 50 participantes que xa se está a programar a realización de dúas etapas máis, dende o Cebreiro ata Sarria, para completar o camiño francés ao seu paso por Galicia
Salceda de Caselas, 13 de outubro de 2010.- Primeiro foi á Franqueira e agora, con motivo do Ano Santo, o Partido Popular de Salceda de Caselas organizou unha peregrinaxe a Santiago de Compostela. Foron un total de 53 persoas as que, a primeira hora do pasado sábado, saíron a pé dende a localidade lucense de Sarria camiño da capital galega.
A primeira etapa levounos ata Portomarín; o domingo a ruta continuou ata Melide, sendo esta a etapa máis longa con 40 kilómetros de percorrido; o luns proseguiron o camiño ata a localidade de Pedrouzo, no concello de O Pino e, finalmente, o martes 12, día da Hispanidade e festividade do Pilar os peregrinos salcedenses chegaron a Santiago de Compostela.
A experiencia foi tan positiva para todos que dende o PP xa se está a organizar a realización das outras dúas etapas que faltan para completar o camiño francés en terras galegas. Será un sábado e un domingo do mes de novembro cando percorran a distancia entre o Cebreiro e Sarria.
Quero dar a miña noraboa a organización polo gran fin de semana que pasamos e os bos momentos que vivimos todos xuntos.
ResponderEliminarVémonos na próxima!