Impartida por un técnico na materia, a conferencia celebrarase este luns, ás 20.30 horas no Centro Social da Devesa
A actividade enmárcase nun programa de coloquios nos que se tratarán temas de actualidade de diversa índole e de interese para os veciños. Antes de rematar o ano están previstas outras dúas charlas informativas, unha sobre a lei de dependencia e outra centrada na fusión das caixas galegas
O Partido Popular de Salceda de Caselas está a organizar un programa de conferencias e charlas informativas co obxectivo de tratar asuntos de actualidade de diversa índole, abertos á participación de todo aquel que queira asistir.
Deste xeito, o vindeiro luns, 25 de outubro, celebrarase a primeira das conferencias centrada nas axudas ás explotacións agrarias da Comunidade Autónoma de Galicia xestionadas polos Servizos de Explotacións Agrarias e Oficinas Agrarias Comarcais da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. O coloquio que será dirixido por un técnico experto na materia dará comezo ás 20.30 horas no Centro Social da Devesa.
A intención do PP é de celebrar unha conferencia cada mes, achegando aos veciños temas de interese xeral e que lles incumbe en maior ou menor medida, a maiores do resto de actividades organizadas dende o partido, como xa ben se comprometera Santiago Rodríguez Davila na súa toma de posesión como presidente dos populares salcedenses. Polo de agora, están previstos outros dos coloquios ata finais de ano, un no mes de novembro sobre a lei de dependencia e outro en decembro centrado en na análise da situación económica actual facendo especial fincapé na fusión das caixas galegas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario