Os populares organizan unha marcha a pé con motivo do Ano Santo que sairá dende Sarria o día 9 de outubro, chegando á capital galega o día 12
Salceda de Caselas, 15 de setembro de 2010.- O Partido Popular de Salceda de Caselas continúa co seu afán de peregrinaxe. A pasada fin de semana un grupo de máis de trinta persoas camiñaron cara ao Santuario da Franqueira, na Cañiza, e agora estase a organizar o camiño a Santiago.
Dende o PP animan a todos os salcedenses a participar desta marcha con motivo do Xacobeo e compartir así unha experiencia única nun ano único. A peregrinaxe comezará na localidade lucense de Sarria o día 9 de outubro prolongándose ata a xornada da festividade da Virxe do Pilar, día 12, realizando un percorrido de 112 kilómetros. O desprazamento dende Salceda de Caselas ata Sarria farase en autobús, saíndo ás 06.30 horas, do sábado 9, dende a Devesa.ç
A data límite de inscrición é o 30 de setembro, para elo ou para solicitar unha maior información sobre dita actividade poden chamar aos teléfonos 659 032 808 ou 606 859 285 ou dirixirse a través do correo electrónico escribindo a ppsalceda@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario