· Os dirixentes municipais non convidaron aos concelleiros populares ao acto, dando preferencia a persoeiros provinciais e rexionais do BNG
O Partido Popular de Salceda de Caselas viviu onte unha nova mostra de desprezo por parte do Goberno local que non foi quen de convidar aos concelleiros do grupo municipal do PP á inauguración do campo de fútbol de Penedo Redondo. No entanto, os populares acudiron igualmente ao lugar sito na parroquia de Parderrubias para celebrar a finalización deste gran proxecto no que o PP de Salceda de Caselas tamén contribuíu a través das diferentes xestións coa propia Deputación de Pontevedra para que este ente aportara máis do acordado nun principio e, como finalmente, así fixo.
Dende o PP non se entende como no acto de presentación destas novas instalacións deportivas había asentos reservados para autoridades do BNG a nivel provincial e rexional e non existía ningún destinado aos concelleiros do PP de Salceda de Caselas. “Trátase dun xesto nada apropiado e vergoñoso por parte deste Bipartito, do que un pode esperar xa calquera despropósito”, sinala Santiago Rodríguez Davila concelleiro e presidente do PP local. “Atopámonos unha vez máis ante unha mostra clara de sectarismo, no que eles incorren a diario”, conclúe.
Que vergüenza, es lo que pretenden hacer de Saldeda?? si estas con ellos tienes silla, y si no te desprecian delante de todo el pueblo dejando te fuera??
ResponderEliminar