11/30/2010

O PP DE SALCEDA DE CASELAS TRABALLA POLO PROGRESO E AVANCE DO MUNICIPIO


Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

Ao longo dos últimos anos, os populares foron quen de presentar propostas construtivas en resposta ás demandas e necesidades do veciños. Ademais dos “oídos xordos” do Goberno local, as peticións e solicitudes do PP local deron pé a que se mellorase o mobiliario urbano, o alumeado público ou a seguridade viaria

O Partido Popular de Salceda de Caselas traballa cada día co obxectivo de atender e cubrir as necesidades de todos os veciños. “A pesar de estarmos na oposición o noso grupo está a realizar diferentes xestións co fin de acadar unha Salceda mellor”, explica Santiago Rodríguez Davila, presidente e concelleiro do PP. “Cada día que pasa traballamos polo progreso e avance do noso municipio, todos os pasos que damos céntranse na mellora da calidade de vida de todos os cidadáns, respondendo ás súas demandas”, engade.

Deste xeito, dende o Partido Popular de Salceda de Caselas lembran que nestes últimos anos estase a realizar un proxecto construtivo para a vila e para todas as súas parroquias. Neste senso, Rodríguez Davila apunta, aludindo ao Goberno local, que “non só criticamos o que o Concello fai, senón que aportamos alternativas e propostas construtivas, velando sempre polo ben de todos, aínda que logo estas non se teñan en conta, facendo, como xa vén sendo habitual, oídos xordos”.

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

Con todo, ao longo destes anos, mediante as peticións e solicitudes do PP local, conseguíronse para Salceda de Caselas: a colocación de espellos en diferentes estradas e zonas para mellorar a seguridade viaria; o amaño da parada do autobús escolar situada ao carón do IES Parderrubias; a reparación de moitos puntos de luz por todo o Concello, “xa que dende o Goberno local non se decataban de moitas incidencias deste tipo ao non realizaren un seguimento continuado dos servizos”; a modificación de sinais de tráfico no casco urbano e a limpeza de pintadas en paredes de casas particulares, consecuencia de actos vandálicos.

En xeral, “conseguimos investimentos importantes en materia de cultura, deporte e infraestruturas procedentes da Deputación de Pontevedra e somos conscientes tamén de que aínda nos queda moito máis por conseguir, por iso mesmo seguiremos facendo todo o posible para acadar o máximo para Salceda de Caselas e para os seus veciños”, conclúe Rodríguez Davila.

No hay comentarios:

Publicar un comentario