11/11/2010

O PP DE SALCEDA DE CASELAS INSTA AO GOBERNO LOCAL A QUE LLE PAGUE ÁS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS OS CARTOS QUE LLE DEBE


Está a rematar o ano e estas agrupacións seguen sen recibir o comprometido polo Concello pola súa participación nos desfiles do día de Reis e no Entroido

O Partido Popular de Salceda de Caselas denuncia o comportamento non correcto do Goberno local coas diferentes asociacións culturais e veciñais participantes nos desfiles das festas do Nadal e do Entroido. “Imos rematar o ano e estas agrupacións seguen sen recibir a cantidade económica comprometida co Concello”, explica Santiago Rodríguez Davila concelleiro e presidente do PP local. Trátase dunha cantidade “moi poco significante” para as arcas municipais e, pola contra, “moi valiosa” para estas asociacións. “A día de hoxe non se pagaron nin a participación nas carrozas no día de Reis nin tampouco os premios do desfile de Entroido”. Polo que, dende o Partido Popular de Salceda de Caselas “instamos a este Bigoberno a que cumpra co seu deber e co que prometeu no seu día e lles pague estes cartos pendentes ás diferentes asociacións”, subliña o edil do PP.

Con esta actitude estase a provocar que a participación nestas xornadas festivas vaia en descenso, “desanimando a todas estas asociacións que enchen de vida e cor o noso municipio, pois algunha delas xa está dubidando se participar ou non”, sinala Rodríguez Davila. “Non serve de nada ir anunciando premios e axudas se logo non se cumpren, estamos, unha vez máis ante outra das grandes mentiras e enganos do Bipartito salcedense”, conclúe o presidente do PP local.

1 comentario:

  1. É unha vergoña estar a finais de ano e non cobrar 300 míseros € por un traballo dun mes no que participan case que 100 persoas, enchese a vila de xente e se fala do noso concello en toda a comarca. Dimisión xa!!

    ResponderEliminar