12/13/2010

O PP DE SALCEDA DE CASELAS ORGANIZA UNHA CONFERENCIA CENTRADA NO IRPF


Impartida por un profesional na materia, a conferencia celebrarase o vindeiro luns, 13 de decembro, ás 20.30 horas no Centro Social da Devesa

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

A actividade enmárcase nun programa de coloquios nos que se tratarán temas de actualidade de diversa índole e de interese para os veciños

O Partido Popular de Salceda de Caselas continúa co seu programa de conferencias e charlas informativas co obxectivo de tratar asuntos de máxima actualidade e de diversa índole, abertas á participación de todo aquel que queira asistir.

Deste xeito, o vindeiro luns, 13 de decembro, celebrarase unha conferencia centrada no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), na que un profesional na materia exporá a normativa vixente ao respecto e todo o que engloba este concepto económico, resolvendo tamén todas aquelas preguntas que xurdan por parte do público asistente. O coloquio dará comezo ás 20.30 horas no Centro Social da Devesa.

A intención do PP é de celebrar unha conferencia cada mes, achegando aos veciños temas de interese xeral e que lles incumbe en maior ou menor medida, a maiores do resto de actividades organizadas dende o partido, como xa ben se comprometera Santiago Rodríguez Davila na súa toma de posesión como presidente dos populares salcedenses.

Polo de agora, xa se celebraron dous coloquios, un sobre as axudas ás explotacións agrarias de Galicia e outro sobre a Lei de Dependencia, ámbolos dous cun gran éxito de público, e provese continuar coa actividade nos meses do vindeiro ano 2011.

No hay comentarios:

Publicar un comentario