Despois de que se roubara cable de cobre fai máis dun mes, dende o Concello non se fixo nada por substituír o material roubado provocando que centos de veciños se queden sen un servicio de vital necesidade
Salceda de Caselas, 8 de outubro de 2010.- O Partido Popular de Salceda de Caselas denuncia a actuación de deixadez do Goberno local respecto da falla de alumeado público nalgunhas parroquias, a causa do roubo do cableado. Dende o PP consideran que se está excedendo a situación, “fai xa máis dun mes que centos de veciños están a padecer a carencia deste servizo e os dirixentes municipais non están a levar ningún tipo de actuación para remedialo”, explica Santiago Rodríguez Davila concelleiro e presidente do Partido Popular de Salceda de Caselas.
Os populares comprenden que un incidente como este “non se resolve dun día para outro e hai que dar un marxe para elo”, pero a día de hoxe ese límite xa se sobrepasou e en diversos lugares das parroquias de Parderrubias, Budiño e Entenza non hai alumeado público e por parte do Goberno local non se percibe que a situación cambie, “pois non se observa ningunha actuación ao respecto”. Por este motivo, dende PP instan ao Goberno local ao arranxo do alumeado público neses puntos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario