A cea-baile de Nadal celebrada o pasado domingo reuniu a máis de 200 persoas, entre afiliados, simpatizantes e persoeiros do Partido Popular que apostaron polo cambio en Salceda
Salceda de Caselas, 10 de decembro de 2010.- O Partido Popular de Salceda de Caselas continúa a súa andaina cara ao logro nos vindeiros comicios municipais. Para elo, o Comité local do PP vén de ratificar, nunha asemblea celebrada nos últimos días a Santiago Rodríguez Davila como candidato á Alcaldía para as eleccións de maio de 2011. Rodríguez Davila, actual concelleiro do grupo municipal do PP proclamárase por unanimidade presidente dos populares salcedenses o pasado mes de abril no IV Congreso local e agora foron os membros que compoñen o Comité local os que, mediante o cen por cen dos votos en urna, ratifícano como candidato á Alcaldía.
Na traxectoria desta nova andaina que ten como obxectivo acadar un goberno único e de maioría absoluta que vele polas necesidades e o benestar dos salcedenses, o PP vén de celebrar o pasado domingo unha cea-baile de Nadal, como xa o fixera en anos anteriores, á que asistiron máis de 200 persoas entre afiliados, simpatizantes e persoeiros do partido. Nesta xuntanza de confraternidade apostouse polo cambio en Salceda de Caselas, avogando por un goberno máis responsable e austero, que identifique e atenda as necesidades reais dos veciños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario