Rafael Louzán asistirá, xunto con outras personalidades do partido a nivel local, comarcal e rexional, ao acto de inauguración hoxe venres ás 20.30 horas, no número 1 da rúa Mártires de Sobredo, ao que están convidados todos os afiliados e simpatizantes
Continuando co traballo de construción dun novo proxecto para Salceda de Caselas e seguindo a andaina comezada coa proclamación de Santiago Rodríguez Davila como presidente do PP local, os populares salcedenses dan un novo paso cara ao reto do Goberno municipal e inauguran a súa nova sede.
Ata o de agora os membros do Comité local reuníanse nun local sito na rúa Vigo no centro da vila de Salceda, a partir de entón farano noutro moi próximo, localizado no número un da rúa Mártires de Sobredo. Deste xeito, a sede pasa de ser un piso duns 90 metros cadrados a un baixo moito máis amplo, cómodo e axeitado para traballar en grupo.
Con motivo do estreno deste novo centro, o Partido Popular de Salceda de Caselas celebra, hoxe venres, un acto de inauguración ao que están convidados todos os seus afiliados e simpatizantes e no que estarán presentes, ademais de todos os membros do Comité local encabezados polo seu presidente Santiago Rodríguez Davila, Rafael Louzán, presidente do PP Provincial de Pontevedra e outras personalidades do partido a nivel local, comarcal e rexional. O acto será ás 20.30 horas nas propias instalacións da nova sede.
No hay comentarios:
Publicar un comentario