9/09/2010

O PP DE SALCEDA DE CASELAS denuncia a actuación do goberno local ante o incumprimento da seguridade vial

Abertas as rúas centrais despois das obras non se colocaron ningún tipo de sinalización, o que está a provocar graves problemas circulatorios

Salceda de Caselas, 8 de septiembre de 2010.- O Partido Popular de Salceda de Caselas amosa a súa preocupación ante o caos circulatorio creado no centro da vila por mor da falta de sinalización nas rúas centrais, Avenida de Galicia, Joaquín Fernández Sestelo e Victoriano Pérez, unha vez abertas ao tráfico tralas obras correspondentes ao proxecto de humanización.
Dende o PP aseguran que non existe ningunha sinal que indique o “stop” na rúa Brasil para a incorporación á Avenida de Galicia, tampouco outra de dirección prohibida na rúa Fernández Sestelo nin a que indique a prohibición de xirar á esquerda na Avenida de Galicia cara á rúa Brasil. “Estas rúas foron abertas o domingo pola noite e a día de hoxe non existe ningún tipo de sinalización para que os conductores poidan circular de xeito adecuado, polo que estanse a provocar graves atrancos e as consecuencias poden chegar a ser máis extremas”, explica o presidente do PP local Santiago Rodríguez Davila. “Estamos, novamente, ante unha falta de organización e coordinación do Goberno local que está a dar pé a un grave problema de seguridade vial”, conclúe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario