3/23/2011

SALCEDA DE CASELAS RECIBIU A VISITA DO PORTAVOZ DO PARTIDO POPULAR DE GALICIA, ANTONIO RODRÍGUEZ MIRANDA


O candidato á Alcaldía, Santiago Rodríguez Davila, acompañouno, xunto cos demais membros do Comité Local, nun percorrido polos comercios e rúas da vila, seguido dunha reunión de traballo na nova sede do partido

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

O Partido Popular de Salceda de Caselas recibiu na tarde de onte a visita de Antonio Rodríguez Miranda, portavoz do PPdG, que se achegou á vila para estar de preto co Comité Local ademais de facer un percorrido polas rúas e os comercios da vila, “unha visita que os propios comerciantes agradeceron, botando de menos que isto mesmo non o faga o Goberno local, unha demostración de preocupación e interese polo día a día do comercio na nosa vila”, explica Santiago Rodríguez Davila, presidente do PP local e candidato á Alcaldía.

A nova sede do partido tamén foi escenario da visita onde se celebrou como cada semana unha xuntanza de todos os membros do Comité Local, nela Rodríguez Miranda deu ánimos e alento de cara aos vindeiros comicios do mes de maio para que o PP de Salceda de Caselas continúe co camiño emprendido, apostando sempre pola veracidade e o realismo, con propostas austeras adaptadas aos momentos que vivimos.

Os populares salcedenses están xa a traballar de cara ás vindeiras eleccións municipais do 22 de maio, trazando as diferentes liñas de traballo a seguir sempre en beneficio do municipio e dos seus veciños, con propostas construtivas e produtivas para todos. Santiago Rodríguez Davila encabeza, como el ben define, “un gran equipo, forte e unido, no que se une xuventude, formación, experiencia e compromiso co pobo salcedense”. Un compromiso, traballo e esforzo que o propio Rodríguez Miranda puido comprobar de primeira man nesta reunión ordinaria, unha das moitas celebrada polo PP local na que se analiza e debate respecto da situación actual do municipio, formulando melloras, alternativas e novas propostas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario