3/04/2011

O PP DE SALCEDA IMPUGNA A CONVOCATORIA DAS PRAZAS DE ARQUITECTO E T. DE EMPREGO LOCAL POLA IRREGULARIDADE DO PROCESO E O DESPILFARRO QUE ELO SUPÓN


· O proceso é ilegal ao non aprobarse nin existir a Relación de Postos de Traballo (RPT) deste Concello

· As arcas municipais soportarían un gasto superior aos 43.000 euros anuais sen que isto supoña ningunha vantaxe, pois o servicio prestado será o mesmo que ata o de agora están a ofrecer as persoas que ocupan ditas prazas

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

O Partido Popular de Salceda de Caselas convocou esta mañá unha rolda de prensa para dar conta do recurso de reposición interposto, con data 1 de marzo, no Concello co obxectivo de paralizar a convocatoria para cubrir as prazas de arquitecto e técnico de emprego local. “Por unha parte estamos ante unha ilegalidade á hora de realizar dita convocatoria e, por outra, cargamos as arcas municipais con dous gastos extras innecesarios, máis aínda en tempos de crise como os actuais”, explica Santiago Rodríguez Davila, presidente do PP local e candidato á Alcaldía.

Ilegalidade da convocatoria ante a inexistencia da RPT

A primeira das razóns pola que os populares salcedenses impugnan esta convocatoria céntrase na ilegalidade da mesma, pois “a día de hoxe o Concello de Salceda carece da Relación de Postos de Traballo (RPT), polo que só este argumento esixe a estimación do recurso”, asegura Rodríguez Davila. A RPT é o único instrumento técnico polo que se pode realizar a reordenación do persoas, neste sentido “non existindo RPT aproada, como manifesta o propio Concello, resulta a todas luces imposible crear novos postos de traballo”. A maiores disto, o PP tamén destaca que no caso de poder levarse a cabo a convocatoria, o sistema de selección para a praza de axente de desenvolvemento local debe ser por oposición e non por concurso-oposición como se contempla.

Despilfarro duns 350.000 neste goberno bipartito

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

A crítica do PP a esta convocatoria está amparada, por outra anda, no gasto innecesario que isto supón. No caso da praza de arquitecto, Rodríguez Davila explica que ademais de observarse xa un aumento do custo que lle supón o departamento de Urbanismo ás arcas municipais entre os anos 2007 e 2010, “agora a cifra dispararíase”. Deste xeito, a persoa que ocupase o posto pasaría a ser funcionaria, “o que implica 14 pagas e asumir unha seguridade social, inexistente ata entón ao emitírense facturas e non pagar un soldo”. Con todo, “os números son ben claros e é que se o pasado ano gastouse no departamento de Urbanismo 6.244 euros ao mes agora esta cifra ascendería a uns 8.500 euros –máis de 27.000 euros anuais-, tendo en conta sempre que o servicio prestado ao Concello e aos veciños é o mesmo que ata agora e que á vez a carga de traballo é cada vez menor, condicionada pola situación de crise económica que atravesamos e por mor da cal o sector da construcción está moito máis paralizado que fai uns anos”.

Por outra parte, respecto ao custo da praza de técnico de emprego o Concello só sufraga dende o 2000 entre o 20 e o 35%. No 2010, dos 39.000 euros que supuxo dita praza o Concello aportou 13.000 euros e a Xunta de Galicia 26.000 euros. “Isto significa que agora, de ir para adiante esta convocatoria, os salcedenses deixaríamos de percibir esta subvención do ente Autonómico e teríamos un maior gasto, pois sería o Concello que sufragaría todo o que supón esta praza”.

Todo isto engadido ao despilfarro nos soldos dos membros do Goberno local (240.000 euros máis que na lexislatura anterior) e en despidos improcedentes de traballadores, “é dicir, en caprichos do BNG apoiados polo PSOE, supón un montante total de aproximadamente 350.000 euros que este Bipartito gastou sen ver realmente cales son as necesidades do noso municipio”.

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

“E todo isto faise a uns meses das eleccións municipais, senón cal é o por que de tanta presa, facendo e publicándose a convocatoria por vía urxente para cumprir cos prazos canto antes. Así é como traballa este Bigoberno, con fins partidistas e sen cubrir realmente as necesidades do pobo, despilfarrando os cartos dunha maneira inxustificada”, conclúe o candidato do PP á Alcaldía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario