55 mozos practicaron o deporte do esquí na estación leonesa de San Isidro ao longo desta fin de semana
Os mozos do Partido Popular de Salceda de Caselas non deixan de organizar eventos e actividades para promover e fomentar a cultura e o deporte. Primeiro foi un campamento de verán, logo a peregrinación ao Santuario da Franqueira e a Santiago de Compostela e agora un total de 55 mozos participaron da viaxe á neve organizada dende Novas Xeracións do PP de Salceda de Caselas. Unha excursión á estación leonesa de San Isidro que tivo lugar nesta pasada fin de semana, os días 19 e 20 de marzo, e da que todos os seus participantes chegaron moi contentos e satisfeitos, xa non só por practicar o deporte do esquí senón tamén por compartir todos xuntos unhas xornadas de lecer.
Os membros de NNXX están xa a traballar na organización de actividades para vindeiras datas, das que se irán dando conta no seu momento co fin de que participen delas todos os mozos salcedenses que así o desexen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario