3/04/2011

O PP DE SALCEDA DE CASELAS ANUNCIA O PRÓXIMO ACONDICIONAMENTO DA ESTRADA SANTA MARÍA- PICOÑA A SAN XURXO

· Rodríguez Davila amosa o seu contento ante o inicio inminente dos traballos de ensanche deste viario á altura da Picoña

· Grazas á mediación do PP local ante a Deputación de Pontevedra estase a levar a cabo o repintado dos pasos de peóns, dando así resposta a unha gran demanda da veciñanza

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

O Partido Popular de Salceda de Caselas congratúlase ao poder anunciar o próximo acondicionamento da estrada Santa María – Picoña a San Xurxo. Fai uns oito anos que se remodelou este viario (EP-2501) pero nunha zona, á altura da Picoña, ao longo duns 500 metros a estrada quedou sen anchear por mor da non cesión de terreos privados lindeiros. “Dende a Deputación de Pontevedra xa se comezou fai uns meses a executar as expropiacións necesarias, despois de que os propietarios dos terreos afectados polo ensanche recibisen as notificacións pertinentes, co obxectivo último do inicio inminente dos traballos de mellora desta estrada”, explica Santiago Rodríguez Davila, presidente do PP local e candidato á Alcaldía.

Á espera de que nos vindeiros meses comecen as obras de ensanche neste tramo, actualmente estanse a levar a cabo o repintado dos diferentes pasos de peóns nesta estrada, unha demanda dos veciños que agora ve resposta grazas á mediación do PP local co ente provincial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario