· As agrupacións que habitualmente participan están en vilo ao non seren convocadas para manter unha reunión nin coñecer as bases a tan só uns días da celebración
· No pleno ordinario celebrado onte, ante unha pregunta dos populares por saber se as bases xa estaban publicadas, o Goberno local non soubo responder
O Partido Popular de Salceda de Caselas non sae do seu asombro ante o xeito de actuar e traballar do Goberno local. Desta vez trátase da organización e coordinación (máis ben: desorganización e descoordinación) do Entroido, “unhas festas tan arraigadas e tradicionais no noso municipio que, curiosamente, ano tras ano van perdendo forza”, explica Santiago Rodríguez Davila, presidente do PP local e candidato á Alcaldía. “De sermos un referente na comarca e na provincia pola celebración do Entroido pasamos a estar por debaixo doutras localidades nesta festa que no último ano só reuniu a cinco comparsas, das máis de 20 que reunía fai uns anos”, subliña Rodríguez Davila.
Unha situación esta provocada pola actitude e a mala xestión do Goberno municipal, “que se despreocupa destes eventos tan especiais e queridos por todos os veciños e visitantes que nestas datas se achegan a Salceda”. Desatención amosada no feito de que, a falta duns días para o comezo do Entroido, as diferentes agrupacións que habitualmente participan nel non recibiron comunicación algunha respecto das festas deste ano e descoñecen as bases, unha bases polas que no pleno ordinario celebrado onte o grupo municipal do PP preguntou, cuestión ante a cal a concelleira delegada de Cultura respondeu literalmente que “non nos podía dicir se as bases estaban aprobadas oficialmente” . No entanto, fontes próximas ao PP afirman que se celebrará unha reunión o vindeiro mércores, “mesmo así non é suficiente”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario