3/23/2011

ÉXITO DA VIAXE Á NEVE ORGANIZADA POLAS NOVAS XERACIÓNS DE SALCEDA DE CASELAS


55 mozos practicaron o deporte do esquí na estación leonesa de San Isidro ao longo desta fin de semana

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

Os mozos do Partido Popular de Salceda de Caselas non deixan de organizar eventos e actividades para promover e fomentar a cultura e o deporte. Primeiro foi un campamento de verán, logo a peregrinación ao Santuario da Franqueira e a Santiago de Compostela e agora un total de 55 mozos participaron da viaxe á neve organizada dende Novas Xeracións do PP de Salceda de Caselas. Unha excursión á estación leonesa de San Isidro que tivo lugar nesta pasada fin de semana, os días 19 e 20 de marzo, e da que todos os seus participantes chegaron moi contentos e satisfeitos, xa non só por practicar o deporte do esquí senón tamén por compartir todos xuntos unhas xornadas de lecer.

Os membros de NNXX están xa a traballar na organización de actividades para vindeiras datas, das que se irán dando conta no seu momento co fin de que participen delas todos os mozos salcedenses que así o desexen.

SALCEDA DE CASELAS RECIBIU A VISITA DO PORTAVOZ DO PARTIDO POPULAR DE GALICIA, ANTONIO RODRÍGUEZ MIRANDA


O candidato á Alcaldía, Santiago Rodríguez Davila, acompañouno, xunto cos demais membros do Comité Local, nun percorrido polos comercios e rúas da vila, seguido dunha reunión de traballo na nova sede do partido

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

O Partido Popular de Salceda de Caselas recibiu na tarde de onte a visita de Antonio Rodríguez Miranda, portavoz do PPdG, que se achegou á vila para estar de preto co Comité Local ademais de facer un percorrido polas rúas e os comercios da vila, “unha visita que os propios comerciantes agradeceron, botando de menos que isto mesmo non o faga o Goberno local, unha demostración de preocupación e interese polo día a día do comercio na nosa vila”, explica Santiago Rodríguez Davila, presidente do PP local e candidato á Alcaldía.

A nova sede do partido tamén foi escenario da visita onde se celebrou como cada semana unha xuntanza de todos os membros do Comité Local, nela Rodríguez Miranda deu ánimos e alento de cara aos vindeiros comicios do mes de maio para que o PP de Salceda de Caselas continúe co camiño emprendido, apostando sempre pola veracidade e o realismo, con propostas austeras adaptadas aos momentos que vivimos.

Os populares salcedenses están xa a traballar de cara ás vindeiras eleccións municipais do 22 de maio, trazando as diferentes liñas de traballo a seguir sempre en beneficio do municipio e dos seus veciños, con propostas construtivas e produtivas para todos. Santiago Rodríguez Davila encabeza, como el ben define, “un gran equipo, forte e unido, no que se une xuventude, formación, experiencia e compromiso co pobo salcedense”. Un compromiso, traballo e esforzo que o propio Rodríguez Miranda puido comprobar de primeira man nesta reunión ordinaria, unha das moitas celebrada polo PP local na que se analiza e debate respecto da situación actual do municipio, formulando melloras, alternativas e novas propostas.

O PP DE SALCEDA DE CASELAS COMEZA UNHA ROLDA DE REUNIÓNS INFORMATIVAS POLAS DIFERENTES PARROQUIAS DO MUNICIPIO

· Este luns a cita será en Soutelo ás 21.00 horas, onde Santiago Rodriguez Davila, acompañado dos membros do Comité Local, tratará temas de actualidade no Concello, escoitando tamén as demandas e propostas dos veciños, tentando responder a todas as dúbidas que poidan xurdir

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

O Partido Popular de Salceda de Caselas comeza o vindeiro luns, 21 de marzo, en Soutelo ás 21.00 horas unha rolda de reunións informativas por todas as parroquias do municipio.

Trátase de facer un achegamento aos veciños para escoitar as súas inquedanzas, necesidades e propostas, respondendo á vez a todas aquelas dúbidas que poidan xurdir e afondando nos temas de actualidade do Concello como poden ser os terreos para a construción do novo centro de saúde, as obras executadas pola Deputación de Pontevedra, o despilfarro en soldos do Goberno local, así como tamén as promesas incumpridas deste bipartito. Así mesmo, presentaranse ás persoas que irán na lista de cara aos vindeiros comicios do 22 de maio en representación de cada parroquia e anunciaranse próximas reunións con cada asociación de veciños para formalizar o programa electoral.

En todas estas reunións o presidente do PP local e candidato á Alcaldía, Santiago Rodríguez Davila, estará acompañado doutros concelleiros do PP, así como de membros do Comité Local e de Novas Xeracións.

As seguintes reunións serán en Picoña o mércores, o xoves en Entenza, o venres en San Xurxo, o sábado en Parderrubias, para a semana seguinte: o luns 28 na Feira, martes 29 en Barreiro, mércores 30 en Budiño e o venres 1 de abril no centro urbano. Todas elas celebraranse a partir das 21.00 horas.

3/18/2011

Debate en VIA tv entre Santiago Rodríguez Davila e os candidatos do PSOE e BNG

Watch live streaming video from via_television at livestream.com

SE QUERES VER O DEBATE QUE TIVERON SANTI (PARTIDO POPULAR), MARINA (PSOE) E MARCOS (BNG) EN VIA TELEVISION EMITIDO ONTE XOVES.
TES QUE PINCHAR NO SEGUINTE LINK E O DEBATE COMEZA XUSTO A PARTIR DO MINUTO 36 DO VIDEO QUE APARECE.

3/14/2011

O PP DE SALCEDA DE SALCEDA PIDE A DIMISIÓN DO CONCELLEIRO ENRIQUE CABALEIRO

Imaxe do Blog Oficial de la Agrupación Socialista de Tui


Os populares apelan que nos últimos meses o edil socialista está a centrar o seu traballo como candidato á Alcaldía de Tui, deixando de lado as cuestións que lle competen no Concello de Salceda e polas que recibe unha retribución económica

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

O Partido Popular de Salceda de Caselas continúa no seu asombro ante o feito de ver cómo un concelleiro da corporación municipal salcedense “dedícase a vender o benestar e a calidade de vida dos veciños do Concello de Tui”, sinala Santiago Rodríguez Davila, presidente do PP local e candidato á Alcaldía. Trátase do socialista Enrique Cabaleiro, o cal está a recibir unha compensación económica por ser concelleiro en Salceda e velar polo ben deste municipio e dos seus habitantes “e o que realmente leva facendo nos últimos meses, sendo presentado xa oficialmente como candidato á Alcaldía de Tui polo PSOE, é traballar de cara ás vindeiras eleccións centrándose unicamente en Tui”, subliña Rodríguez Davila, motivo polo cal dende o PP local “pedímoslle que se vai definitivamente de Salceda, que dimita como concelleiro e deixe de cobrar a conta dos salcedenses para traballar logo a prol dos habitantes doutro municipio”, engade.

Dende o Partido Popular de Salceda de Caselas sempre respectaron a decisión de Cabaleiro de comezar unha nova etapa política noutro municipio pero o que non comparten, e rexeitan totalmente, é o xeito de levar a cabo todo este proceso. “É inadmisible que un edil do Concello de Salceda de Caselas, pagado por todos nós, estea a traballar polo pobo de Tui, deixando xa de lado todas as cuestións referentes a Salceda. Se o que quere realmente é liderar a lista dos socialistas tudenses que dimita xa como concelleiro en Salceda para dedicarse exclusivamente aos temas que agora lle competen e dos que vai alardeando nos medios de comunicación”, conclúe Rodríguez Davila.

3/04/2011

O PP DE SALCEDA IMPUGNA A CONVOCATORIA DAS PRAZAS DE ARQUITECTO E T. DE EMPREGO LOCAL POLA IRREGULARIDADE DO PROCESO E O DESPILFARRO QUE ELO SUPÓN


· O proceso é ilegal ao non aprobarse nin existir a Relación de Postos de Traballo (RPT) deste Concello

· As arcas municipais soportarían un gasto superior aos 43.000 euros anuais sen que isto supoña ningunha vantaxe, pois o servicio prestado será o mesmo que ata o de agora están a ofrecer as persoas que ocupan ditas prazas

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

O Partido Popular de Salceda de Caselas convocou esta mañá unha rolda de prensa para dar conta do recurso de reposición interposto, con data 1 de marzo, no Concello co obxectivo de paralizar a convocatoria para cubrir as prazas de arquitecto e técnico de emprego local. “Por unha parte estamos ante unha ilegalidade á hora de realizar dita convocatoria e, por outra, cargamos as arcas municipais con dous gastos extras innecesarios, máis aínda en tempos de crise como os actuais”, explica Santiago Rodríguez Davila, presidente do PP local e candidato á Alcaldía.

Ilegalidade da convocatoria ante a inexistencia da RPT

A primeira das razóns pola que os populares salcedenses impugnan esta convocatoria céntrase na ilegalidade da mesma, pois “a día de hoxe o Concello de Salceda carece da Relación de Postos de Traballo (RPT), polo que só este argumento esixe a estimación do recurso”, asegura Rodríguez Davila. A RPT é o único instrumento técnico polo que se pode realizar a reordenación do persoas, neste sentido “non existindo RPT aproada, como manifesta o propio Concello, resulta a todas luces imposible crear novos postos de traballo”. A maiores disto, o PP tamén destaca que no caso de poder levarse a cabo a convocatoria, o sistema de selección para a praza de axente de desenvolvemento local debe ser por oposición e non por concurso-oposición como se contempla.

Despilfarro duns 350.000 neste goberno bipartito

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

A crítica do PP a esta convocatoria está amparada, por outra anda, no gasto innecesario que isto supón. No caso da praza de arquitecto, Rodríguez Davila explica que ademais de observarse xa un aumento do custo que lle supón o departamento de Urbanismo ás arcas municipais entre os anos 2007 e 2010, “agora a cifra dispararíase”. Deste xeito, a persoa que ocupase o posto pasaría a ser funcionaria, “o que implica 14 pagas e asumir unha seguridade social, inexistente ata entón ao emitírense facturas e non pagar un soldo”. Con todo, “os números son ben claros e é que se o pasado ano gastouse no departamento de Urbanismo 6.244 euros ao mes agora esta cifra ascendería a uns 8.500 euros –máis de 27.000 euros anuais-, tendo en conta sempre que o servicio prestado ao Concello e aos veciños é o mesmo que ata agora e que á vez a carga de traballo é cada vez menor, condicionada pola situación de crise económica que atravesamos e por mor da cal o sector da construcción está moito máis paralizado que fai uns anos”.

Por outra parte, respecto ao custo da praza de técnico de emprego o Concello só sufraga dende o 2000 entre o 20 e o 35%. No 2010, dos 39.000 euros que supuxo dita praza o Concello aportou 13.000 euros e a Xunta de Galicia 26.000 euros. “Isto significa que agora, de ir para adiante esta convocatoria, os salcedenses deixaríamos de percibir esta subvención do ente Autonómico e teríamos un maior gasto, pois sería o Concello que sufragaría todo o que supón esta praza”.

Todo isto engadido ao despilfarro nos soldos dos membros do Goberno local (240.000 euros máis que na lexislatura anterior) e en despidos improcedentes de traballadores, “é dicir, en caprichos do BNG apoiados polo PSOE, supón un montante total de aproximadamente 350.000 euros que este Bipartito gastou sen ver realmente cales son as necesidades do noso municipio”.

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

“E todo isto faise a uns meses das eleccións municipais, senón cal é o por que de tanta presa, facendo e publicándose a convocatoria por vía urxente para cumprir cos prazos canto antes. Así é como traballa este Bigoberno, con fins partidistas e sen cubrir realmente as necesidades do pobo, despilfarrando os cartos dunha maneira inxustificada”, conclúe o candidato do PP á Alcaldía.

O PP DE SALCEDA DE CASELAS ANUNCIA O PRÓXIMO ACONDICIONAMENTO DA ESTRADA SANTA MARÍA- PICOÑA A SAN XURXO

· Rodríguez Davila amosa o seu contento ante o inicio inminente dos traballos de ensanche deste viario á altura da Picoña

· Grazas á mediación do PP local ante a Deputación de Pontevedra estase a levar a cabo o repintado dos pasos de peóns, dando así resposta a unha gran demanda da veciñanza

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

O Partido Popular de Salceda de Caselas congratúlase ao poder anunciar o próximo acondicionamento da estrada Santa María – Picoña a San Xurxo. Fai uns oito anos que se remodelou este viario (EP-2501) pero nunha zona, á altura da Picoña, ao longo duns 500 metros a estrada quedou sen anchear por mor da non cesión de terreos privados lindeiros. “Dende a Deputación de Pontevedra xa se comezou fai uns meses a executar as expropiacións necesarias, despois de que os propietarios dos terreos afectados polo ensanche recibisen as notificacións pertinentes, co obxectivo último do inicio inminente dos traballos de mellora desta estrada”, explica Santiago Rodríguez Davila, presidente do PP local e candidato á Alcaldía.

Á espera de que nos vindeiros meses comecen as obras de ensanche neste tramo, actualmente estanse a levar a cabo o repintado dos diferentes pasos de peóns nesta estrada, unha demanda dos veciños que agora ve resposta grazas á mediación do PP local co ente provincial.

O PP DE SALCEDA DE CASELAS DENUNCIA A FALTA DE COMPROMISO E COORDINACIÓN DO GOBERNO LOCAL Á HORA DE ORGANIZAR AS FESTAS DO ENTROIDO


· As agrupacións que habitualmente participan están en vilo ao non seren convocadas para manter unha reunión nin coñecer as bases a tan só uns días da celebración

· No pleno ordinario celebrado onte, ante unha pregunta dos populares por saber se as bases xa estaban publicadas, o Goberno local non soubo responder



O Partido Popular de Salceda de Caselas non sae do seu asombro ante o xeito de actuar e traballar do Goberno local. Desta vez trátase da organización e coordinación (máis ben: desorganización e descoordinación) do Entroido, “unhas festas tan arraigadas e tradicionais no noso municipio que, curiosamente, ano tras ano van perdendo forza”, explica Santiago Rodríguez Davila, presidente do PP local e candidato á Alcaldía. “De sermos un referente na comarca e na provincia pola celebración do Entroido pasamos a estar por debaixo doutras localidades nesta festa que no último ano só reuniu a cinco comparsas, das máis de 20 que reunía fai uns anos”, subliña Rodríguez Davila.

Unha situación esta provocada pola actitude e a mala xestión do Goberno municipal, “que se despreocupa destes eventos tan especiais e queridos por todos os veciños e visitantes que nestas datas se achegan a Salceda”. Desatención amosada no feito de que, a falta duns días para o comezo do Entroido, as diferentes agrupacións que habitualmente participan nel non recibiron comunicación algunha respecto das festas deste ano e descoñecen as bases, unha bases polas que no pleno ordinario celebrado onte o grupo municipal do PP preguntou, cuestión ante a cal a concelleira delegada de Cultura respondeu literalmente que “non nos podía dicir se as bases estaban aprobadas oficialmente” . No entanto, fontes próximas ao PP afirman que se celebrará unha reunión o vindeiro mércores, “mesmo así non é suficiente”.

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

Os populares recoméndanlle a este Bipartito que “tome nota” doutros concellos veciños, como é o caso, por exemplo do Porriño, que convocou unha reunión aberta a todos os que quixesen participar no Entroido con máis dun mes de antelación, resultado que se ve agora ao anunciaren a participación na vila do Louro de 21 comparsas, 20 das cales están compostas polos propios veciños do Porriño. “Así é como se organiza, planifica e coordina un acontecemento festivo como é o Entroido e non como fan nacionalistas e socialistas en Salceda e non deixando en vilo ás diferentes agrupacións e asociacións participantes, algunhas das cales vendo esta actitude pasiva do Goberno municipal desisten en formar parte destas festas que dende o PP de seguro apoiaremos e fomentaremos o máximo posible”, conclúe o candidato do PP á Alcaldía.