Santiago Rodríguez Davila aconsellou á directiva do equipo da posibilidade existente co fin do beneficio que elo supón no día a día de todos os xogadores
Salceda de Caselas, 15 de maio de 2010.- José Enrique Sotelo, deputado delegado de Deportes, fixo entrega dun completo lote de material deportivo ao Club de Fútbol Caselas na tarde-noite de onte venres. O presidente do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, quixo acompañar ao deputado nesta doación na que el mesmo mediou. Velando polo espírito deportivo e a súa promoción na vila, o presidente do PP local aconsellou á directiva do clube da posibilidade existente de poderlle solicitar á Deputación de Pontevedra o material necesario para desenvolver en mellores condicións o traballo diario do equipo. Deste xeito, os xogadores poderán traballar mellor e seguir perfeccionando o seu nivel deportivo.
A achega está composta por un amplo surtido de material: miniporterías, vaias, picas, tensores de goma, balóns medicinais, conos e esterillas.
Durante a entrega, que se fixo efectiva no campo de fútbol salcedense de As Gándaras, estiveron presentes todo o cadro de xogadores e membros da directiva do F.C. Caselas, así como algúns dos compoñentes do novo Comité Executivo do PP de Salceda de Caselas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario