Xoves, 13 Maio 2010
“Houbo algún que deu un exemplo do contrario que debe facer un alcalde” ao tirar “pedras contra os intereses de Galicia, tirando á súa vez pedras contra os intereses dos cidadáns do seu concello”, di
Puy: “A posición máis difícil de explicar é a dos que non estaban naquela foto da sinatura do manifesto en favor da fusión”
• Nunha entrevista na páxina web do PPdeG, Puy afirma que o recurso do Goberno central á Lei de caixas galega “supuxo un atranco importante” no proceso de fusión e di que “algúns algún día terán que dar explicacións”
• Considera que a incapacidade do PSOE “para ter unha mensaxe única en Galicia na que prevalecen os intereses curtopracistas dos distintos líderes ou alcaldes locais lastra o seu funcionamento”
• Di que non só se conseguiu “o obxetivo que levamos anhelando moito tempo”, que é de contar cunha caixa forte senón que tamén se contrastou que “temos un presidente que defende a Galicia”
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2010.- O voceiro de Economía e Facenda do PPdeG, Pedro Puy, afirma con respecto á fusión das caixas galegas que “a posición máis difícil de explicar é a dos que non estaban naquela foto da sinatura do manifesto”. Segundo asegura o popular nunha entrevista publicada na páxina web da formación (www.ppdegalicia.com), “non debe sorprender que os partidos galegos defendan a galeguidade das caixas, insisto, o sorprendente é o contrario”.
Nesta liña, Puy lembra que no apoio á fusión “non só remou con nós o BNG” e puxo como exemplo a reacción ante “o uso arbitrario do recurso de inconstitucionalidade para suspender a Lei galega de caixas” da sociedade galega “a través dos seus representantes, non só políticos” senón tamén organismos que “reflicten o espectro social e económico de Galicia dun xeito moi amplo”, reacción que foi plasmada no manifesto ‘Galicia ten Dereito’ “coa única excepción dos socialistas galegos”.
UN “RECURSO ARBITRARIO”
Segundo o popular “había unha cuestión de país na que a inmensa maioría coincidía en que non se podía tolerar que por decisións non xustificadas, tomadas fóra da Comunidade, Galicia fose quedar sen caixas”.
Para Puy, o recurso do Goberno central á Lei de caixas galega “supuxo un atranco importante” no proceso de fusión das caixas e tamén o calificou de arbitrario. Neste aspecto, indica que “algúns algún día terán que dar explicacións” e asegura que “de non ter traballado o Goberno galego a favor da fusión xa non teríamos caixas que democratizar porque ningunha delas estaría vencellada a Galicia”.
OS VAIVÉNS DO PSOE
Á preguntas sobre os vaivéns do PSOE, Pedro Puy contestou que “obedecen a un mal propio do PSOE en Galicia, desde o punto de vista histórico, que é que cando non goberna non é capaz de formular un liderato nin unha mensaxe ou ideoloxía común”, e engadiu que “esa incapacidade para ter unha mensaxe única en Galicia na que prevalecen os intereses curtopracistas dos distintos líderes ou alcaldes locais lastra o funcionamento do PSOE”.
Para Puy, se ademais a iso se lle une que “o PSOE goberna en Madrid” e iso introduce unha “cuestión de bicefalia” posto que hai un “líder orgánico” en Galicia (Manuel Vázquez) e “un líder intelectual, que o que está fóra” da Comunidade, entón “as decisións que tome o PSOE en Galicia son aínda máis difíciles de entender”.
A ACTITUDE DOS ALCADES SOCIALISTAS RESPECTO Á FUSIÓN
Preguntado pola actitude dos alcaldes con respecto á fusión, recoñece que non todos se comportaron igual e “de feito, hai moitos alcaldes que mesmo se teñen desmarcado do que entendían que era unha liña equivocada no PSOE, a de opoñerse á fusión”. Por outra banda, indica que outros alcaldes socialistas “estiveron na Procesión dos Caladiños e non se sabe o que realmente pensan incluso hoxe” e engade que cada un “foi un pouco a buscar o seu interese curtopracista nas próximas eleccións locais”.
Segundo Puy os alcaldes socialistas “que defenderon posicións tan diversas e que se demostrou co paso do tempo que ademais eran absolutamente erróneas” deben ser “enxuizados polos cidadáns, que son quen elixen aos alcaldes”, e asegurou que “desde logo houbo algún que deu un exemplo do contrario que debe facer un alcalde” ao tiraren “pedras contra os intereses de Galicia, tirando á súa vez pedras contra os intereses dos cidadáns do seu concello”, en alusión ao rexedor de Vigo.
A FUSIÓN, UN ÉXITO “BÓ PARA A ECONOMÍA GALEGA”
Puy fixo fincapé en que as caixas, a diferenza dos bancos, “traballan nun mercado máis minorista, de atencións ás familias e tamén ás pequenas e medianas empresas” e “esa gran labor” é o que “realmente contribúe ao desenvolvemento do país”, por iso “é fundamental” que Galicia teña unhas caixas vencelladas á Comunidade e, polo tanto, aos galegos. O popular considera a fusión un éxito acadado “bo para a economía galega, sen a menor das dúbidas”.
Puy considera que, no caso dos populares, a satisfacción pola fusión das caixas é doble, xa que por unha banda se conseguiu “o obxetivo que levamos anhelando moito tempo”, que é de contar cunha caixa forte e solvente, e por outra banda, contrastouse que “temos un presidente que defende a Galicia” e “temos a satisfacción interna de ter respostado como o país merecía”.
ENLACE: http://ppdegalicia.com/gl/sala-de-prensa/videos-sala-de-prensa.html

No hay comentarios:
Publicar un comentario