Salceda de Caselas, 8 de maio de 2010.- O Partido Popular de Salceda de Caselas vén de crear os seus propios espacios na Internet. Deste xeito, os populares dispoñen dun blog (http://ppsalceda.blogspot.com/) e dun grupo na rede social facebook (http://www.facebook.com/profile.php?id=1551789609#!/group.php?gid=116996118333648), no que cada día gañan máis usuarios, afiliados, simpatizantes, veciños e amigos que amosan o seu apoio incondicional ao partido e aos seus dirixentes.
En ámbolos dous sites, o PP dá a benvida e agradece o contacto con este novos espacios na rede. “O noso obxectivo é ofrecer a todos os cidadáns de Salceda de Caselas unha información actualizada e accesible sobre a actividade municipal e a política que se desenvolve na nosa vila”, explica o presidente do PP local, Santiago Rodríguez Davila. Non entanto, “tamén queremos que sexa unha boa canle de comunicación, aberta permanentemente coa nosa sociedade”, engade.
Dende o Partido Popular de Salceda de Caselas animan a todos os veciños a que participen activamente na vida pública da vila, “lendo estas páxinas e coñecendo a actualidade que se constrúe dende as vosas institucións”. Do mesmo xeito, “invitámolos a realizar todas as suxestións, achegas, ideas e inquedanzas que teñan e que poidamos xestionar dende o noso partido”.
Os populares amósanse abertos e predispostos a escoitar a toda a pobación e sectores, “estamos abertos a cada cidadán, ás organizacións e asociacións, aos mozos, ás mulleres, aos estranxeiros que traballan e viven en Salceda de Caselas, aos grupos profesionais, aos pequenos e medianos empresarios, aos emprendedores e a toda a sociedade de Salceda de Caselas”, conclúe Rodríguez Davila.
No hay comentarios:
Publicar un comentario