4/30/2011

SANTIAGO RODRÍGUEZ DAVILA PRESENTA A UN EQUIPO COMPROMETIDO COS VECIÑOS DE SALCEDA DE CASELAS

















· O Partido Popular presentou o programa electoral como un contrato real cos electores composto de promesas e propostas para os vindeiros catro anos

· Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELASOs populares definíronse como a solución aos problemas dos veciños. Neste marco comprometéronse, entre outras cousas, cunha redución dos soldos dos membros do Goberno local, cun impulso ao PXOM e co centro de saúde

· As persoas que ateigaron o auditorio municipal foron testemuñas da presentación dos proxectos da rotonda da ponte de Lagüela, da reforma da praza da Devesa e do acondicionamento do cruce entre a Avenida de Galicia e a estrada cara a Entenza. O PP propuxo as reformas da Cámara Agraria para convertela na Casa da Xuventude e do Centro Social A Devesa para convertelo nun centro para os maiores

O Partido Popular de Salceda de Caselas presentou na tarde-noite de onte venres a candidatura que concorre ás vindeiras eleccións do 22 de maio nun acto público, moi interactivo, innovador, dinámico e cunha gran posta en escena, que ateigou o auditorio municipal. Así os 23 homes e mulleres que compoñen a lista estiveron arroupados por centos de afiliados, simpatizantes e veciños, ademais doutros persoeiros do partido, destacando a presenza de Jesús Vázquez, actual conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e José Juan Durán, secretario de Organización do PP Provincial de Pontevedra.

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELASO candidato á Alcaldía e presidente do PP local, Santiago Rodríguez Davila, foi o encargado de presentar un a un aos membros que o acompañan na candidatura, definíndoos como “un equipo unido e forte que traballa polo futuro de Salceda de Caselas, velando polas necesidades dos veciños e comprometéndose co pobo; un equipo de homes e mulleres, que proveñen dos diferentes sectores empresariais, en representación de todas as parroquias e que axunta experiencia e xuventude, de aí que 12 das 31 persoas sexan menores de 35 anos”.

Rodríguez Davila pediu “a confianza de todos vós, convencido de que co voso voto apoiaredes a este equipo comprometido cos veciños, que traballará para que as medidas que hoxe vos presentamos sexan mañá unha realidade”.

O programa, un contrato real cos electores

Rodríguez Davila foi presentado durante o acto como “a solución”, como “un alcalde que dará solucións aos problemas dos veciños; porque a nosa única preocupación e darvos solucións”, aseguraba. Do mesmo xeito, do resto dos integrantes da candidatura tamén se destacaron as súas calidades nas diferentes áreas e materias de Goberno.

O candidato á Alcaldía presentoulles aos asistentes as liñas principais do programa electoral do PP composto por promesas e propostas, “no que hai posto moito esforzo e traballo”, e que el mesmo definiu como “un contrato real cos electores, un programa de traballo no que podedes confiar. Nunca falaremos de propostas imposibles ou promesas fantasiosas”, aseguraba.

Por unha parte falou das promesas como aqueles compromisos firmes e realistas, “proxectos que executaremos nos vindeiros catro anos se así o queredes votando ao PP o 22 de maio” e, por outra banda, das propostas, “igual de necesarias e non menos importantes pero que polo de agora serán proxectos nos que traballaremos para intentar convertelos en realidade. Isto serve de exemplo da honestidade do noso partido”, subliñaba Rodríguez Davila.

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELASNeste marco, durante o acto proxectouse os proxectos da rotonda da ponte de Lagüela, da reforma da praza da Devesa e do acondicionamento do cruce entre a Avenida de Galicia e a estrada cara a Entenza. A maiores, propuxéronse a reforma da Cámara Agraria para convertela na Casa da Xuventude e a reforma interna do Centro Social A Devesa para convertelo nun verdadeiro centro para os maiores.

O candidato á Alcaldía comprometeuse, entre outras cousas, co fomento de políticas activas de emprego e formación e coa promoción económica do municipio; cunha redución dos soldos dos membros do Goberno local; coa creación dun plan anual de limpeza de espazos públicos; cun impulso ao PXOM e ao saneamento nas diferentes parroquias; cunha reforma integral do parque Raíña Aragonta; coa posta en marcha do ansiado e tan necesario centro de saúde; cun plan de reordenación do tráfico no centro da vila; con melloras en todas as aulas dos CRA e tamén das instalacións deportivas do municipio, fomentando a práctica do deporte e a calidade de vida coa colocación de parques biosaludables en todas as parroquias e tamén cun avance considerable en materia de cultura e xuventude.


Composición da candidatura

1. Santiago Rodríguez Davila

2. Emma Pereira Iglesias

3. Joaquín Núñez Troncoso

4. José Fernández González

5. Ángela Valcárcel Bernárdez

6. Fernando Gómez González

7. Plácido Rodríguez Bargiela

8. Manuel Ángel Martín Rodríguez

9. Guadalupe González Vila

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS10. Arancha Rodríguez González

11. Carlos Henrique Núñez Lorenzo

12. María Del Carmen Núñez Álvarez

13. Saltina Castiñeira González

14. Francisco Alonso Vila

15. José González Martínez

16. Vanessa Rocha Núñez

17.Emilio Pérez Domínguez

18. Eva Méndez González

19. Marcos Rodríguez Nogueiras

20. Andrea Fontán Barros

21. Ruben Néstor Rodríguez González

22. Victoria Méndez Trabal

23. José Luis Pérez Bernárdez

No hay comentarios:

Publicar un comentario