4/19/2011

ÁNGELA VALCÁRCEL LIDERA AS NOVAS XERACIÓNS DO PP DE SALCEDA DE CASELAS E OCUPA O QUINTO POSTO DA CANDIDATURA







· A sede do PP acolleu na tarde noite de onte luns a presentación da Xestora local de NNXX, unha directiva composta por 20 mozos e mozas salcedenses

· Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELASDespois dun ano de proclamarse presidente do partido, Santiago Rodríguez Davila continúa traballando de cara aos vindeiros comicios municipais presentando a candidatura a todos os seus afiliados e simpatizantes, así como o programa electoral “integrado de promesas realistas e executables e propostas nas que traballaremos para convertelas en realidade”

Unha acción máis no camiño de cara aos vindeiros comicios do 22 de maio materializouse na tarde noite de onte luns na sede do Partido Popular de Salceda de Caselas. Deste xeito, presentouse a Xestora local de Novas Xeracións, que será presidida por Ángela Valcárcel, sendo Soraya Fernández a secretaria dunha directiva conformada por 20 persoas. No acto estiveron presentes ademais de todos os membros do Comité local do PP, o presidente provincial e o secretario xeral de NNXX de Pontevedra, Diego Gago e Pablo Novas, respectivamente, así como outros compañeiros de NNXX de concellos veciños como Mos, Porriño, Redondela, Vigo ou Marín. Este grupo de mozos e mozas salcedenses organizaron no último ano unha serie de eventos e actividades para promover e fomentar a cultura e o deporte do que participaron centos de persoas. “Actividades que de seguro Ángela seguirá organizando non só dentro do partido senón tamén como concelleira de Xuventude se o PP gaña as eleccións do 22 de maio”, sinalaba Santiago Rodríguez Davila anunciando a presenza de Valcárcel no quinto posto da candidatura.

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELASPrecisamente, fixo un ano tamén o pasado domingo, día 17 abril, da proclamación de Rodríguez Davila como presidente do Partido Popular de Salceda de Caselas, presentado xa oficialmente como candidato á Alcaldía. Foron doce meses de intenso traballo que proseguen agora coa vindeira presentación da candidatura, “integrada por 23 homes e mulleres que representan a todas as parroquias e ao centro urbano”. Unha lista esta que, á espera de ser feita pública nun acto aberto a celebrar na próxima semana, xa foi presentada a todos os afiliados e simpatizantes do partido mediante a realización de diferentes reunións nos últimos días na sede local, onde tamén se lles presentou o programa electoral do PP, “no que se integran promesas realistas e executables con propostas nas que traballaremos para intentar convertelas en realidade, sempre en beneficio de todos os veciños do municipio”, conclúe o presidente do PP e candidato á Alcaldía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario