5/05/2011

O PP DE SALCEDA DE CASELAS APLAUDE A ACHEGA DA XUNTA DE GALICIA PARA INSTALAR UN PARQUE BIOSALUDABLE NO MUNICIPIO

· Rodríguez Davila amosa o seu contento pola predisposición do Goberno autonómico cos veciños salcedenses, que neste caso se materializa cunha subvención de máis de 8.500 euros. No entanto, laméntase da actitude do Goberno local provocando que a instalación deste parque se retrasase en máis de tres meses facéndoo coincidir coa campaña electoral

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELASO Partido Popular de Salceda de Caselas congratúlase ao ver hoxe a nova achega da Xunta de Galicia para o municipio. Trátase dunha subvención da Secretaría Xeral para o Deporte, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para a instalación dun parque biosaludable cun orzamento de 8.537,30 euros.

“Dende o PP alégranos moito este tipo de accións, que amosan unha vez máis a boa predisposición do Goberno autonómico con Salceda de Caselas, sen ter en conta os partidos que están ao fronte do Concello e só velando polo benestar e a calidade de vida dos nosos veciños”, explica Santiago Rodríguez Davila, o presidente do PP local e candidato á Alcaldía.

Este novo e único espazo que, grazas á Xunta de Galicia, hoxe se comeza a crear en Salceda está deseñado para cubrir determinadas necesidades en torno ao mantemento do rendemento físico nas persoas de terceira idade. Trátase dun circuíto composto por diferentes equipos para exercitar o corpo, que aportan unha nova filosofía de vida para os nosos maiores, de maneira que poidan disfrutar do seu tempo de lecer con saúde. Precisamente, máis espazos como este son os que se construirán se o Partido Popular gaña as vindeiras eleccións municipais do 22 de maio, pois así se expón no seu programa electoral, en materia de benestar social, onde figura a instalación dun parque biosaludable en todas as parroquias de Salceda de Caselas.

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELASPor outra parte, os populares lamentan a actitude do Goberno local provocando o retraso da instalación de dito parque, “pois a pesar de que é financiado ao cen por cen polo Executivo autonómico os señores nacionalistas e socialistas que están ao fronte do noso Concello retrasaron a súa instalación”, sinala Rodríguez Davila lembrando que foi a comezos do mes de xaneiro cando se anunciou dita subvención por parte da Xunta de Galicia. O candidato do PP á Alcaldía sostén que “esta demora de máis de tres meses e a unhas semanas da celebracións dos comicios electorais, de seguro non é casualidade”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario