5/16/2011

MÁIS DE 1.500 PERSOAS ATEIGARON A PRAZA DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS PARA ARROUPAR AO PARTIDO POPULAR





· Alberto Núñez Feijóo, que asistiu a este mitin central, comprometeuse cos veciños a construír o novo Centro de saúde

· Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELASO candidato á Alcaldía, Santiago Rodríguez Davila, apostou por un goberno austero, que dea facilidade aos empresarios para o fomento do comercio local e do emprego en xeral, ademais da execución e remodelación de importantes infraestruturas

O Partido Popular de Salceda de Caselas celebrou na noite de onte o seu mitin central de campaña na praza do Concello, onde se deron cita máis de 1.500 persoas para arroupar á candidatura liderada por Santiago Rodríguez Davila, que recibiu tamén o apoio do presidente do PPdG e presidenta da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.

Rodríguez Davila, acompañado dun equipo de persoas competentes nas diferentes áreas de traballo e comprometidos con Salceda e con todos os seus veciños, apostou por un Goberno austero que, entre outras medidas, adoptará “unha rebaixa dos soldos dos concelleiros nun 25%, o que suporá un aforro de máis de 150.000 euros nos próximos catro anos”. Por outra parte, dándolle as maiores facilidades a emprendedores e empresarios, eliminará o imposto de licenza para apertura de novos locais comerciais, así como tamén a licenza de obra para o acondicionamento dos mesmos, “unha cuestión non só económica, senón que tamén repercutirá na xeración de emprego e creación de postos de traballo, un obxectivo primordial para o PP a día de hoxe”.

En materia de infraestruturas os populares salcedenses teñen proxectado unha reforma da praza da Devesa, así como tamén do Parque Raíña Aragonta, contemplándose unha zona de xogo cuberta; a maiores, construirase unha rotonda na ponte de Lagüela para solucionar o problema de tráfico no de entrada e saída ao centro urbano.

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELASOutras das promesas expostas por Rodríguez Davila ante os centos de veciños alí presentes foron a recuperación do escudo do Concello de Salceda de Caselas, a creación por primeira vez dunha bolsa para estudantes e a ampliación do corpo da Policía Local para que este poida estar a disposición dos cidadáns as 24 horas do día.

Compromiso co novo Centro de saúde

Alberto Núñez Feijoo apostou polo cambio en Salceda de Caselas, “para que este concello prospere e estea gobernado por persoas serias, competentes e comprometidas cos veciños”. Como presidente da Xunta de Galicia, expresou o seu compromiso de construír o novo Centro de saúde, ademais de seguir aportando todo aquilo que Salceda precisa “e que o Bipartito non soubo darlle”.

O Partido Popular de Salceda de Caselas continúa esta semana co seu programa electoral por todas as parroquias, esperando que o 22 de maio todo o traballo e esforzo feito ata o de agora vexa unha resposta positiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario