1/08/2011

“A xuventude identifícase cada vez máis co PP porque representamos a liberdade de expresión nas dúas linguas”


ANGELA VALCÁRCEL BERNÁRDEZ, PRESIDENTA DA XESTORA DE NOVAS XERACIÓN DE SALCEDA DE CASELAS


¿CAL É A SITUACIÓN ACTUAL DE NNXX EN SALCEDA DE CASELAS?


¿QUE TRABALLOS E ACTIVIDADES ESTADES A DESENRROLAR?

Nós os mozos, axudamos na organización da primeira Romaría Popular que se celebrou no mes de agosto; fomos quen de organizar o primeiro Campamento de Verán de NNXX de Salceda de Caselas en Bergondo, A Coruña; fixemos a andaina á Virxe da Franqueira e culminamos, fai uns días, coa peregrinaxe á Tumba do Apóstolo Santiago dende Sarria, catro etapas de camiño nas cales participaron máis de 50 veciños, unha mostra clara do compromiso da xuventude popular coa posta en marcha de diferentes actos e actividades dirixidos a todos os públicos .

¿NN XX TEN UN PAPEL RELEVANTE DENTRO DO COMITÉ LOCAL?

Dende logo que si, as nosas propostas son tidas sempre en conta pola Executiva local, ademais varios membros de NNXX estamos dentro dese comité polo que facemos chegar esas inquedanzas ao grupo municipal e demais compañeiros. Estamos planificando as propostas que presentaremos de cara ás vindeiras eleccións, onde os mozos teremos unha especial influencia en todos os sentidos.

¿CELEBRARASE CONGRESO LOCAL DE NNXX ANTES DAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS?

A intención do presidente local e do Comité local e de que si se faga, confiamos que dende o PP provincial nolo autoricen, pois sería o colofón final a un traballo duro pero gratificante, algo impensable fai tres anos. Temos que pensar de onde partimos e onde estamos, primeiro foi unha xestora, logo un partido unido como nunca, forte, con ideas, cun líder excepcional, unha ilusión intacta e sobre todo con moita xuventude detrás.

A xuventude identifícase cada vez máis co PP porque representamos a liberdade de expresión nas dúas linguas, e desexamos unha terceira, representamos a tolerancia, a liberdade de pensamento e non por elo actuamos de maneira diferente cos que non comparten con nós as mesmas ideas.

O PP é un partido aberto e universal, sen imposicións, defendendo sempre o interese xeral e castigando a aqueles que non respectan e non aceptan as regras do xogo democrático. Por todo o mencionado síntome moi satisfeita de pertencer a esta gran familia popular.

¿COMO VEN DENDE NNXX OS VINDEIROS COMICIOS ELECTORAIS ?

Temos moita fe e esperanza na candidatura que presentará o noso partido, sei que temos que traballar a reo nesta recta final, pero estou segura que os cidadáns saberán valorar entre votar a un bipartito que demostrou ser unha parella de conveniencia económica perfecta para os seus intereses e facer exclusivamente reparto dos fondos que non conseguiron, pois fóronlle concedidos como a outros concellos dende outras administracións (Plan E, Plan Deputación, etc); ou votar a un único alcalde, a un único Goberno, a un único programa electoral e sobre todo a un goberno con sentido común, cun gasto normal en soldos, cunhas verdadeiras prioridades e unha forma de facer política próxima e humilde, que da respostas reais aos problemas dos veciños. Un goberno que pague as comparsas de entroido en tempo e forma e non cando xa estamos a piques de chegar o seguinte.

Apostamos por un alcalde que sexa accesible e que se poida falar con el sen pensar na mala cara ou contestación que che porá e dará. Os mozos de Salceda coma min desexamos un Goberno local que pense moito máis na xuventude, que participe na vida social de Salceda e que nos represente a todos portando e sentíndose orgulloso do noso único e oficial Escudo de Armas e non dese garabato horrible que nada ten que ver co noso pobo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario