1/18/2011

SANTIAGO RODRÍGUEZ DAVILA VISITA AS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN DO VIARIO BORRALLIÑO-SOBREDO NA PARROQUIA DE SOUTELO




O presidente e membros do PP local acompañaron na tarde de onte ao deputado Salvador González Solla e ao director de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra, Manuel González Juanatey, na súa visita a esta obra que da resposta a unha vella demanda dos veciños da zona

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

Este proxecto xunto con outros tamén de mellora do firme, ademais de reformado do alumeado público e saneamento suman un investimento total de 843.000 euros, cantidade que achega a Deputación de Pontevedra ao municipio salcedense a través do PID 2009-2011

Membros do Partido Popular de Salceda de Caselas, encabezados polo seu presidente e candidato á Alcaldía, Santiago Rodríguez Davila, visitaron na tarde de onte as obras de pavimentación que se están a executar en varios viarios da parroquia de Soutelo con cargo ao Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra. Deste xeito, acompañaron ao deputado Salvador González Solla e a Manuel González Juanatey, director de Infraestruturas do ente provincial, na súa visita a esta obra que conta cun orzamento de 65.000 euros e que consiste no acondicionamento, ensanche e limpeza de cunetas do viario que une os lugares de Borralliño e Sobredo e que comunica á parroquia de Soutelo con Guillarei (Tui).

Rodríguez Davila lembra que este proxecto que agora executa a Deputación “trátase dunha vella demanda dos veciños da zona, pois é un viario moi transitado que comunica a parroquia de Soutelo coa zona norte de Tui, onde tamén se atopa o acceso á autovía A-55”. Así pois, dende o Partido Popular congratúlanse da posta en marcha desta obra que se prevé remate en breve.

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

Esta obra na que se asfaltarán uns 1.000 metros e na que se eliminarán curvas do trazado, engádese a outros proxectos de pavimentación e mellora do firme de varios camiños do municipio por importe total de 600.000 euros. Estas actuacións xunto con outras de reformado do alumeado público e saneamento suman unha cifra de 843.000 euros, que é a cantidade que o organismo provincial achega a Salceda de Caselas a través do PID 2009-2011.

“Dende o PP alégranos moito este tipo de accións, que amosan unha vez máis a boa predisposición da Deputación de Pontevedra con Salceda de Caselas, sen ter en conta os partidos que están ao fronte do Concello e só velando polo benestar e a calidade de vida dos nosos veciños”, conclúe Rodríguez Davila.

No hay comentarios:

Publicar un comentario