1/11/2011

O PP DE SALCEDA DE CASELAS APLAUDE A ACHEGA DA XUNTA DE GALICIA PARA INSTALAR UN PARQUE BIOSALUDABLE NO MUNICIPIO



· Rodríguez Davila amosa o seu contento pola predisposición do Goberno autonómico cos veciños salcedenses, que neste caso se materializa cunha subvención de máis de 8.500 euros

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

O Partido Popular de Salceda de Caselas congratúlase ao coñecer a nova achega da Xunta de Galicia para o municipio. Trátase dunha subvención da Secretaría Xeral para o Deporte, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para a instalación dun parque biosaludable cun orzamento de 8.537,30 euros.

“Dende o PP alégranos moito este tipo de accións, que amosan unha vez máis a boa predisposición do Goberno autonómico con Salceda de Caselas, sen ter en conta os partidos que están ao fronte do Concello e só velando polo benestar e a calidade de vida dos nosos veciños”, explica Santiago Rodríguez Davila, concelleiro e presidente do PP local.

Este novo e único espazo que, grazas á Xunta de Galicia, se creará en Salceda está deseñado para cubrir determinadas necesidades en torno ao mantemento do rendemento físico nas persoas de terceira idade. Trátase dun circuíto composto por diferentes equipos para exercitar o corpo, que aportan unha nova filosofía de vida para os nosos maiores, de maneira que poidan disfrutar do seu tempo de lecer con saúde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario