1/25/2011

O PARTIDO POPULAR DE SALCEDA DE CASELAS CONDENA O ATAQUE Á VIVENDA DUN POLICÍA LOCAL DO MUNICIPIO

A casa do axente Fermín González foi incendiada por cócteles molotov. Os populares salcedenses achacan o ocorrido de intolerable e piden a máxima condena para delitos como este

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

O Partido de Salceda de Caselas, encabezados polo seu presidente e candidato á Alcaldía, Santiago Rodríguez Davila, manifestaa a súa condena ao ataque á vivenda do policía local do municipio, Fermín González, que, se especula, foi incendiada con varios cócteles molotov. Os populares lamentan o sucedido, achacándoo de “intolerable” e pedindo para os autores de delitos como este, sufrido o pasado sábado na localidade de Cangas, a máxima condena. No entanto, dende o PP confían na Xustiza e nas forzas de seguridade para que se esclareza o ocorrido e que este ataque non permaneza impune.

1/18/2011

SANTIAGO RODRÍGUEZ DAVILA VISITA AS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN DO VIARIO BORRALLIÑO-SOBREDO NA PARROQUIA DE SOUTELO




O presidente e membros do PP local acompañaron na tarde de onte ao deputado Salvador González Solla e ao director de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra, Manuel González Juanatey, na súa visita a esta obra que da resposta a unha vella demanda dos veciños da zona

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

Este proxecto xunto con outros tamén de mellora do firme, ademais de reformado do alumeado público e saneamento suman un investimento total de 843.000 euros, cantidade que achega a Deputación de Pontevedra ao municipio salcedense a través do PID 2009-2011

Membros do Partido Popular de Salceda de Caselas, encabezados polo seu presidente e candidato á Alcaldía, Santiago Rodríguez Davila, visitaron na tarde de onte as obras de pavimentación que se están a executar en varios viarios da parroquia de Soutelo con cargo ao Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra. Deste xeito, acompañaron ao deputado Salvador González Solla e a Manuel González Juanatey, director de Infraestruturas do ente provincial, na súa visita a esta obra que conta cun orzamento de 65.000 euros e que consiste no acondicionamento, ensanche e limpeza de cunetas do viario que une os lugares de Borralliño e Sobredo e que comunica á parroquia de Soutelo con Guillarei (Tui).

Rodríguez Davila lembra que este proxecto que agora executa a Deputación “trátase dunha vella demanda dos veciños da zona, pois é un viario moi transitado que comunica a parroquia de Soutelo coa zona norte de Tui, onde tamén se atopa o acceso á autovía A-55”. Así pois, dende o Partido Popular congratúlanse da posta en marcha desta obra que se prevé remate en breve.

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

Esta obra na que se asfaltarán uns 1.000 metros e na que se eliminarán curvas do trazado, engádese a outros proxectos de pavimentación e mellora do firme de varios camiños do municipio por importe total de 600.000 euros. Estas actuacións xunto con outras de reformado do alumeado público e saneamento suman unha cifra de 843.000 euros, que é a cantidade que o organismo provincial achega a Salceda de Caselas a través do PID 2009-2011.

“Dende o PP alégranos moito este tipo de accións, que amosan unha vez máis a boa predisposición da Deputación de Pontevedra con Salceda de Caselas, sen ter en conta os partidos que están ao fronte do Concello e só velando polo benestar e a calidade de vida dos nosos veciños”, conclúe Rodríguez Davila.

1/11/2011

O PP DE SALCEDA DE CASELAS APLAUDE A ACHEGA DA XUNTA DE GALICIA PARA INSTALAR UN PARQUE BIOSALUDABLE NO MUNICIPIO



· Rodríguez Davila amosa o seu contento pola predisposición do Goberno autonómico cos veciños salcedenses, que neste caso se materializa cunha subvención de máis de 8.500 euros

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

O Partido Popular de Salceda de Caselas congratúlase ao coñecer a nova achega da Xunta de Galicia para o municipio. Trátase dunha subvención da Secretaría Xeral para o Deporte, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para a instalación dun parque biosaludable cun orzamento de 8.537,30 euros.

“Dende o PP alégranos moito este tipo de accións, que amosan unha vez máis a boa predisposición do Goberno autonómico con Salceda de Caselas, sen ter en conta os partidos que están ao fronte do Concello e só velando polo benestar e a calidade de vida dos nosos veciños”, explica Santiago Rodríguez Davila, concelleiro e presidente do PP local.

Este novo e único espazo que, grazas á Xunta de Galicia, se creará en Salceda está deseñado para cubrir determinadas necesidades en torno ao mantemento do rendemento físico nas persoas de terceira idade. Trátase dun circuíto composto por diferentes equipos para exercitar o corpo, que aportan unha nova filosofía de vida para os nosos maiores, de maneira que poidan disfrutar do seu tempo de lecer con saúde.

1/08/2011

“A xuventude identifícase cada vez máis co PP porque representamos a liberdade de expresión nas dúas linguas”


ANGELA VALCÁRCEL BERNÁRDEZ, PRESIDENTA DA XESTORA DE NOVAS XERACIÓN DE SALCEDA DE CASELAS


¿CAL É A SITUACIÓN ACTUAL DE NNXX EN SALCEDA DE CASELAS?


¿QUE TRABALLOS E ACTIVIDADES ESTADES A DESENRROLAR?

Nós os mozos, axudamos na organización da primeira Romaría Popular que se celebrou no mes de agosto; fomos quen de organizar o primeiro Campamento de Verán de NNXX de Salceda de Caselas en Bergondo, A Coruña; fixemos a andaina á Virxe da Franqueira e culminamos, fai uns días, coa peregrinaxe á Tumba do Apóstolo Santiago dende Sarria, catro etapas de camiño nas cales participaron máis de 50 veciños, unha mostra clara do compromiso da xuventude popular coa posta en marcha de diferentes actos e actividades dirixidos a todos os públicos .

¿NN XX TEN UN PAPEL RELEVANTE DENTRO DO COMITÉ LOCAL?

Dende logo que si, as nosas propostas son tidas sempre en conta pola Executiva local, ademais varios membros de NNXX estamos dentro dese comité polo que facemos chegar esas inquedanzas ao grupo municipal e demais compañeiros. Estamos planificando as propostas que presentaremos de cara ás vindeiras eleccións, onde os mozos teremos unha especial influencia en todos os sentidos.

¿CELEBRARASE CONGRESO LOCAL DE NNXX ANTES DAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS?

A intención do presidente local e do Comité local e de que si se faga, confiamos que dende o PP provincial nolo autoricen, pois sería o colofón final a un traballo duro pero gratificante, algo impensable fai tres anos. Temos que pensar de onde partimos e onde estamos, primeiro foi unha xestora, logo un partido unido como nunca, forte, con ideas, cun líder excepcional, unha ilusión intacta e sobre todo con moita xuventude detrás.

A xuventude identifícase cada vez máis co PP porque representamos a liberdade de expresión nas dúas linguas, e desexamos unha terceira, representamos a tolerancia, a liberdade de pensamento e non por elo actuamos de maneira diferente cos que non comparten con nós as mesmas ideas.

O PP é un partido aberto e universal, sen imposicións, defendendo sempre o interese xeral e castigando a aqueles que non respectan e non aceptan as regras do xogo democrático. Por todo o mencionado síntome moi satisfeita de pertencer a esta gran familia popular.

¿COMO VEN DENDE NNXX OS VINDEIROS COMICIOS ELECTORAIS ?

Temos moita fe e esperanza na candidatura que presentará o noso partido, sei que temos que traballar a reo nesta recta final, pero estou segura que os cidadáns saberán valorar entre votar a un bipartito que demostrou ser unha parella de conveniencia económica perfecta para os seus intereses e facer exclusivamente reparto dos fondos que non conseguiron, pois fóronlle concedidos como a outros concellos dende outras administracións (Plan E, Plan Deputación, etc); ou votar a un único alcalde, a un único Goberno, a un único programa electoral e sobre todo a un goberno con sentido común, cun gasto normal en soldos, cunhas verdadeiras prioridades e unha forma de facer política próxima e humilde, que da respostas reais aos problemas dos veciños. Un goberno que pague as comparsas de entroido en tempo e forma e non cando xa estamos a piques de chegar o seguinte.

Apostamos por un alcalde que sexa accesible e que se poida falar con el sen pensar na mala cara ou contestación que che porá e dará. Os mozos de Salceda coma min desexamos un Goberno local que pense moito máis na xuventude, que participe na vida social de Salceda e que nos represente a todos portando e sentíndose orgulloso do noso único e oficial Escudo de Armas e non dese garabato horrible que nada ten que ver co noso pobo.


Mensaxe fin de ano Feijoo desde a Cidade da Cultura de Galicia

Galicia. Gárdasme o segredo? (Spot 45")