5/23/2011




Moitisimas gracias a tod@s,
dende o Partido Popular de Salceda queremos manifestar a nosa satisfacción pola confianza depositada no noso equipo. Sumamos máis de 540 votos con respecto as anteriores eleccións municipais e sentímonos moi orgullosos do traballo feito e do apoio recibido.
Suma e sigue!!

5/16/2011

MÁIS DE 1.500 PERSOAS ATEIGARON A PRAZA DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS PARA ARROUPAR AO PARTIDO POPULAR





· Alberto Núñez Feijóo, que asistiu a este mitin central, comprometeuse cos veciños a construír o novo Centro de saúde

· Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELASO candidato á Alcaldía, Santiago Rodríguez Davila, apostou por un goberno austero, que dea facilidade aos empresarios para o fomento do comercio local e do emprego en xeral, ademais da execución e remodelación de importantes infraestruturas

O Partido Popular de Salceda de Caselas celebrou na noite de onte o seu mitin central de campaña na praza do Concello, onde se deron cita máis de 1.500 persoas para arroupar á candidatura liderada por Santiago Rodríguez Davila, que recibiu tamén o apoio do presidente do PPdG e presidenta da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.

Rodríguez Davila, acompañado dun equipo de persoas competentes nas diferentes áreas de traballo e comprometidos con Salceda e con todos os seus veciños, apostou por un Goberno austero que, entre outras medidas, adoptará “unha rebaixa dos soldos dos concelleiros nun 25%, o que suporá un aforro de máis de 150.000 euros nos próximos catro anos”. Por outra parte, dándolle as maiores facilidades a emprendedores e empresarios, eliminará o imposto de licenza para apertura de novos locais comerciais, así como tamén a licenza de obra para o acondicionamento dos mesmos, “unha cuestión non só económica, senón que tamén repercutirá na xeración de emprego e creación de postos de traballo, un obxectivo primordial para o PP a día de hoxe”.

En materia de infraestruturas os populares salcedenses teñen proxectado unha reforma da praza da Devesa, así como tamén do Parque Raíña Aragonta, contemplándose unha zona de xogo cuberta; a maiores, construirase unha rotonda na ponte de Lagüela para solucionar o problema de tráfico no de entrada e saída ao centro urbano.

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELASOutras das promesas expostas por Rodríguez Davila ante os centos de veciños alí presentes foron a recuperación do escudo do Concello de Salceda de Caselas, a creación por primeira vez dunha bolsa para estudantes e a ampliación do corpo da Policía Local para que este poida estar a disposición dos cidadáns as 24 horas do día.

Compromiso co novo Centro de saúde

Alberto Núñez Feijoo apostou polo cambio en Salceda de Caselas, “para que este concello prospere e estea gobernado por persoas serias, competentes e comprometidas cos veciños”. Como presidente da Xunta de Galicia, expresou o seu compromiso de construír o novo Centro de saúde, ademais de seguir aportando todo aquilo que Salceda precisa “e que o Bipartito non soubo darlle”.

O Partido Popular de Salceda de Caselas continúa esta semana co seu programa electoral por todas as parroquias, esperando que o 22 de maio todo o traballo e esforzo feito ata o de agora vexa unha resposta positiva.

5/08/2011

O PP DE SALCEDA DE CASELAS RECIBE A VISITA DE AGUSTÍN HERNÁNDEZ





O conselleiro comprobou de primeira man a necesidade do proxecto na ponte da Lagüela, que Santiago Rodríguez Davila e o seu equipo levan no seu programa. Ademais, tamén se achegou a Tabernanova (Soutelo) e á sede local do partido

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

O Partido Popular de Salceda de Caselas recibiu na tarde de onte venres a visita do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, Agustín Hernández. Os membros da candidatura, encabezada por Santiago Rodríguez Davila, presidente do PP local e candidato á Alcaldía percorreron diferentes puntos do municipio co conselleiro para mostrarlle algunhas dos seus proxectos incluídos no programa electoral que foron apoiados por Hernández.

Deste xeito, a ponte da Lagüela foi un dos lugares a visitar, e no que Hernández puido comprobar de primeira man o perigoso cruce de entrada ao centro urbano, comprometéndose a traballar para darlle unha solución a este problema, ao igual que o PP de Salceda de Caselas que xa expuxo en público, durante o acto de presentación da candidatura a pasada semana, un borrador da obra pensada para salientar este inconveniente.

A Tabernanova, na parroquia de Soutelo, foi outro dos puntos a visitar e onde Hernández se comprometeu a facer as obras precisas apra remodelar este importante núcleo de vivendas, sendo considerado como o segundo centro comercial de Salceda despois do casco urbano da vila. Os traballos céntranse na construción de novas beirarrúas e na execución do saneamento, así como tamén unha remodelada iluminación e sinalización.

Finalmente, a visita rematou na nova sede do Partido Popular de Salceda de Caselas onde mantivo unha xuntanza con todos os membros do Comité Local, que lle expuxeron as súas promesas e as súas propostas pensadas e centradas no municipio e en todos os veciños para os vindeiros catro anos.


5/05/2011

O PP DE SALCEDA DE CASELAS APLAUDE A ACHEGA DA XUNTA DE GALICIA PARA INSTALAR UN PARQUE BIOSALUDABLE NO MUNICIPIO

· Rodríguez Davila amosa o seu contento pola predisposición do Goberno autonómico cos veciños salcedenses, que neste caso se materializa cunha subvención de máis de 8.500 euros. No entanto, laméntase da actitude do Goberno local provocando que a instalación deste parque se retrasase en máis de tres meses facéndoo coincidir coa campaña electoral

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELASO Partido Popular de Salceda de Caselas congratúlase ao ver hoxe a nova achega da Xunta de Galicia para o municipio. Trátase dunha subvención da Secretaría Xeral para o Deporte, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para a instalación dun parque biosaludable cun orzamento de 8.537,30 euros.

“Dende o PP alégranos moito este tipo de accións, que amosan unha vez máis a boa predisposición do Goberno autonómico con Salceda de Caselas, sen ter en conta os partidos que están ao fronte do Concello e só velando polo benestar e a calidade de vida dos nosos veciños”, explica Santiago Rodríguez Davila, o presidente do PP local e candidato á Alcaldía.

Este novo e único espazo que, grazas á Xunta de Galicia, hoxe se comeza a crear en Salceda está deseñado para cubrir determinadas necesidades en torno ao mantemento do rendemento físico nas persoas de terceira idade. Trátase dun circuíto composto por diferentes equipos para exercitar o corpo, que aportan unha nova filosofía de vida para os nosos maiores, de maneira que poidan disfrutar do seu tempo de lecer con saúde. Precisamente, máis espazos como este son os que se construirán se o Partido Popular gaña as vindeiras eleccións municipais do 22 de maio, pois así se expón no seu programa electoral, en materia de benestar social, onde figura a instalación dun parque biosaludable en todas as parroquias de Salceda de Caselas.

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELASPor outra parte, os populares lamentan a actitude do Goberno local provocando o retraso da instalación de dito parque, “pois a pesar de que é financiado ao cen por cen polo Executivo autonómico os señores nacionalistas e socialistas que están ao fronte do noso Concello retrasaron a súa instalación”, sinala Rodríguez Davila lembrando que foi a comezos do mes de xaneiro cando se anunciou dita subvención por parte da Xunta de Galicia. O candidato do PP á Alcaldía sostén que “esta demora de máis de tres meses e a unhas semanas da celebracións dos comicios electorais, de seguro non é casualidade”.

4/30/2011

SANTIAGO RODRÍGUEZ DAVILA PRESENTA A UN EQUIPO COMPROMETIDO COS VECIÑOS DE SALCEDA DE CASELAS

















· O Partido Popular presentou o programa electoral como un contrato real cos electores composto de promesas e propostas para os vindeiros catro anos

· Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELASOs populares definíronse como a solución aos problemas dos veciños. Neste marco comprometéronse, entre outras cousas, cunha redución dos soldos dos membros do Goberno local, cun impulso ao PXOM e co centro de saúde

· As persoas que ateigaron o auditorio municipal foron testemuñas da presentación dos proxectos da rotonda da ponte de Lagüela, da reforma da praza da Devesa e do acondicionamento do cruce entre a Avenida de Galicia e a estrada cara a Entenza. O PP propuxo as reformas da Cámara Agraria para convertela na Casa da Xuventude e do Centro Social A Devesa para convertelo nun centro para os maiores

O Partido Popular de Salceda de Caselas presentou na tarde-noite de onte venres a candidatura que concorre ás vindeiras eleccións do 22 de maio nun acto público, moi interactivo, innovador, dinámico e cunha gran posta en escena, que ateigou o auditorio municipal. Así os 23 homes e mulleres que compoñen a lista estiveron arroupados por centos de afiliados, simpatizantes e veciños, ademais doutros persoeiros do partido, destacando a presenza de Jesús Vázquez, actual conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e José Juan Durán, secretario de Organización do PP Provincial de Pontevedra.

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELASO candidato á Alcaldía e presidente do PP local, Santiago Rodríguez Davila, foi o encargado de presentar un a un aos membros que o acompañan na candidatura, definíndoos como “un equipo unido e forte que traballa polo futuro de Salceda de Caselas, velando polas necesidades dos veciños e comprometéndose co pobo; un equipo de homes e mulleres, que proveñen dos diferentes sectores empresariais, en representación de todas as parroquias e que axunta experiencia e xuventude, de aí que 12 das 31 persoas sexan menores de 35 anos”.

Rodríguez Davila pediu “a confianza de todos vós, convencido de que co voso voto apoiaredes a este equipo comprometido cos veciños, que traballará para que as medidas que hoxe vos presentamos sexan mañá unha realidade”.

O programa, un contrato real cos electores

Rodríguez Davila foi presentado durante o acto como “a solución”, como “un alcalde que dará solucións aos problemas dos veciños; porque a nosa única preocupación e darvos solucións”, aseguraba. Do mesmo xeito, do resto dos integrantes da candidatura tamén se destacaron as súas calidades nas diferentes áreas e materias de Goberno.

O candidato á Alcaldía presentoulles aos asistentes as liñas principais do programa electoral do PP composto por promesas e propostas, “no que hai posto moito esforzo e traballo”, e que el mesmo definiu como “un contrato real cos electores, un programa de traballo no que podedes confiar. Nunca falaremos de propostas imposibles ou promesas fantasiosas”, aseguraba.

Por unha parte falou das promesas como aqueles compromisos firmes e realistas, “proxectos que executaremos nos vindeiros catro anos se así o queredes votando ao PP o 22 de maio” e, por outra banda, das propostas, “igual de necesarias e non menos importantes pero que polo de agora serán proxectos nos que traballaremos para intentar convertelos en realidade. Isto serve de exemplo da honestidade do noso partido”, subliñaba Rodríguez Davila.

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELASNeste marco, durante o acto proxectouse os proxectos da rotonda da ponte de Lagüela, da reforma da praza da Devesa e do acondicionamento do cruce entre a Avenida de Galicia e a estrada cara a Entenza. A maiores, propuxéronse a reforma da Cámara Agraria para convertela na Casa da Xuventude e a reforma interna do Centro Social A Devesa para convertelo nun verdadeiro centro para os maiores.

O candidato á Alcaldía comprometeuse, entre outras cousas, co fomento de políticas activas de emprego e formación e coa promoción económica do municipio; cunha redución dos soldos dos membros do Goberno local; coa creación dun plan anual de limpeza de espazos públicos; cun impulso ao PXOM e ao saneamento nas diferentes parroquias; cunha reforma integral do parque Raíña Aragonta; coa posta en marcha do ansiado e tan necesario centro de saúde; cun plan de reordenación do tráfico no centro da vila; con melloras en todas as aulas dos CRA e tamén das instalacións deportivas do municipio, fomentando a práctica do deporte e a calidade de vida coa colocación de parques biosaludables en todas as parroquias e tamén cun avance considerable en materia de cultura e xuventude.


Composición da candidatura

1. Santiago Rodríguez Davila

2. Emma Pereira Iglesias

3. Joaquín Núñez Troncoso

4. José Fernández González

5. Ángela Valcárcel Bernárdez

6. Fernando Gómez González

7. Plácido Rodríguez Bargiela

8. Manuel Ángel Martín Rodríguez

9. Guadalupe González Vila

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS10. Arancha Rodríguez González

11. Carlos Henrique Núñez Lorenzo

12. María Del Carmen Núñez Álvarez

13. Saltina Castiñeira González

14. Francisco Alonso Vila

15. José González Martínez

16. Vanessa Rocha Núñez

17.Emilio Pérez Domínguez

18. Eva Méndez González

19. Marcos Rodríguez Nogueiras

20. Andrea Fontán Barros

21. Ruben Néstor Rodríguez González

22. Victoria Méndez Trabal

23. José Luis Pérez Bernárdez