2/06/2011

SANTIAGO RODRÍGUEZ DAVILA APOSTA POR UN GOBERNO AUSTERO, PLANIFICADO, COMPROMETIDO E PRÓXIMO AOS VECIÑOS DE SALCEDA DE CASELAS













· O Partido Popular avogou polo cambio, “deixando atrás catro anos de parálises e rachando cos bipartitos”

· Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELASO alcaldable salcedense pediu “sacrificio, humildade e respecto”, comprometendo, entre outros proxectos, a realización dun estudio de viabilidade para a construción dun aparcamento subterráneo na contorna da Praza da Devesa

O Partido Popular de Salceda de Caselas vén de presentar na noite de onte ao seu candidato á Alcaldía nos vindeiros comicios electorais de maio de 2011. Arroupado por centos de militantes e simpatizantes, de diversos persoeiros do partido a nivel comarcal e rexional, destacando a presenza do secretario xeral do PP de Galicia, Alfonso Rueda e do presidente do PP Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, Santiago Rodríguez Davila, actual concelleiro e presidente do PP local foi presentado como o mellor candidato á Alcaldía e o próximo alcalde de Salceda de Caselas.

“Austero, planificado, comprometido e próximo aos veciños”, así definiu Rodríguez Davila o futuro Goberno local, “respectando a todos por igual sen ter en conta a súa opción política”, engadía. Nesta liña, o candidato pedía a todos os alí presentes “sacrificio, para conseguir un goberno que nos represente a todos, humildade e, sobre todo, respecto”.

Parálise e desgoberno do bipartito

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

“Ata o de agora o PP fixo unha oposición coherente e responsable, sen demagoxias nin enganos aos veciños, e así o continuaremos facendo pero dende o Goberno”. Deste xeito, Rodríguez Davila, ao igual que Louzán e Rueda nas súas respectivas intervencións, apelaban ao cambio en Salceda de Caselas. “Porque xa abonda de parálise, xa abonda de pelexarse polo bastón de mando, xa abonda de gastar sen control mirando só polos propios intereses”, sinalaba o presidente do PP provincial referíndose ao bipartito, “dous partidos que non coinciden nin en ideas nin en programa e que se xuntan unicamente para apartar ao PP do poder”. Louzán continuaba o seu discurso facendo fincapé “na necesidade de acabar con estes pactos de intereses porque á mínima oportunidade volverán a xuntarse e volverán a deixar a Salceda de Caselas na estacada. Se queredes un goberno que goberne e un alcalde que xestione, ese vai ser Santiago Rodríguez Davila”, aseguraba.

Os populares definiron os catro anos de bipartito como catro anos perdidos, “arrasaron con todo o feito, subíronse os soldos e ignoraron as propostas do PP con actitude prepotente”. Rodríguez Davila explicou que o que fixeron nacionalistas e socialistas no municipio de Salceda de Caselas foi distribuír fondos procedentes de plans xerados por outras administracións, “sen molestárense eles nunca por facer ningún tipo de xestión nin negociacións”; gastar sen control algún, “de aí a factura de 500 euros do teléfono móbil do alcalde tan só en mensaxes de texto” e non cumprir co prometido, como é o caso do centro de saúde, “o maior engano aos veciños, pois os terreos aínda non están en poder da Xunta e previamente o Concello aínda ten que urbanizar a parcela, polo que tardaremos uns anos en ver realidade este proxecto electoral tan prometido polos nacionalistas”.

Estudio de viabilidade para a realización dun aparcamento subterráneo na Praza da Devesa e outras apostas construtivas

Cuadro de texto: SALCEDA DE CASELAS

A realización dun estudio para a construción dun aparcamento subterráneo na contorna da Praza da Devesa será un dos proxectos que Santiago Rodríguez Davila porá en marcha unha vez chegado ao Goberno local. Ademais, co PP no Concello de Salceda de Caselas rematará o despilfarro nos soldo, “que deixarán de ser dobres”; potenciarase o comercio local en colaboración con Acisa, “formando e impulsando á creación de postos de traballo e novas empresas” e potenciarase o deporte base aumentando as escolas deportivas a outras modalidades. Así mesmo, Rodríguez Davila asegurou que as parroquias terán sempre a mesma prioridade e atención que o casco urbano, “porque todos somos veciños por igual, cos mesmos dereitos e obrigas”.

Para todo elo, de cara á celebración dos comicios do 22 de maio o candidato á Alcaldía estará arroupado por “un gran equipo, forte e unido”, no que se une xuventude, formación, experiencia e compromiso co pobo salcedense. “Porque xuntos é posible, e co apoio de todos vós, en Salceda de Caselas volverá a gobernar o Partido Popular”, concluía Rodríguez Davila.

No hay comentarios:

Publicar un comentario