2/14/2011

NOVAS XERACIÓNS DE SALCEDA DE CASELAS ORGANIZA UNHA VIAXE Á NEVE


A viaxe realizarase na fin de semana do 19 e 20 de marzo e terá un custo de 100 euros. As prazas son limitadas

Os mozos do Partido Popular de Salceda de Caselas non deixan de organizar eventos e actividades para promover e fomentar a cultura e o deporte. Primeiro foi un campamento de verán, logo a peregrinación ao Santuario da Franqueira e a Santiago de Compostela e agora, Novas Xeracións do PP de Salceda de Caselas organiza para os máis mozos do municipio unha viaxe á neve. Trátase dunha excursión á estación leonesa de San Isidro a fin de semana dos días 19 e 20 de marzo.

As prazas son limitadas, polo que todas aquelas persoas interesadas en participar desta actividade de práctica do esquí deben poñerse en contacto cos membros do partido canto antes, ben mediante os teléfonos 606 859 285 ou 670 877 470, ben escribindo un correo electrónico ao enderezo novasxeraciónsalceda@gmail.com. A viaxe ten un custo de 100 euros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario