Os tres viais permanecen totalmente cortados ao tráfico e a maiores tamén se restrinxiu o paso de peóns nalgunhas zonas
O Partido Popular de Salceda de Caselas amosa a súa preocupación ante o caos circulatorio creado no centro da vila por mor da descoordinación e falta de planificación do Goberno local á hora de executar as obras correspondentes ao proxecto de humanización que afecta ás rúas centrais Avenida de Galicia, Joaquín Fernández Sestelo e Victoriano Pérez.
Despois de facer caso omiso ás propostas alternativas construtivas presentadas polos populares a este proxecto, “agora paralizan o tráfico e aos propios peóns que vén prohibido o paso por algunhas zonas de ditas rúas”, explica o presidente do PP local Santiago Rodríguez Davila. Durante a última semana están cortadas ao tráfico as tres rúas, incluso os peóns teñen que desviarse varios metros impedíndolle o paso por elas en determimandos momentos, “tendo que percorrer máis do dobre de traxecto para chegar a un punto concreto”, sinala Rodríguez Davila, supoñendo, a maiores, unha repercusión negativa para o comercio local.
Por outra parte, dende o PP tamén critican o feito de cortar e comezar as obras nas tres rúas ao mesmo tempo, “tendo en conta que, en certos momentos, só están a traballar nunha zona pero teñen pechado todo”, conclúe Rodríguez Davila.
No hay comentarios:
Publicar un comentario