Queremos darvos a benvida a este blog do Partido Popular de Salceda e agradecervos que conectásedes connosco. O noso obxetivo é ofrecer a todos os cidadáns de Salceda de Caselas unha información actualizada e accesible sobre a actividade municipal e política que se desenvolve na nosa vila.Pero tamen queremos que sexa unha boa canle de comunicación, aberta permanentemente coa nosa sociedade.
Animámosvos a que participedes activamente na vida pública da nosa vila, lendo estas páxinas e coñecendo a actualidade que se constrúe dende as vosas Institucións, pero tamén facendonos chegar todas as suxestións, achegas, ideas e inquietudes que teñades e que poidamos xestionar dende o noso partido. Estamos abertos a cada cidadán, ás organizacións e asociacións, aos mozos, ás mulleres, aos estranxeiros que traballan e viven en Salceda, aos grupos profesionais, os pequenos e medianos empresarios, aos emprendedores, e a toda a sociedade de Salceda de Caselas.
El Partido Popular de Salceda de Caselas, en cumplimiento de la LSSI, no se responsabiliza de ninguna de las opiniones vertidas por los autores en los blogs agregados en la web, así como los contenidos generados en los comentarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario