7/27/2010

A NOVA SEDE DO PP DE SALCEDA DE CASELAS ACOLLE A VISITA DO PRESIDENTE PROVINCIAL















































Os populares acompañaron a Rafael Louzán ao campo de Penedo Redondo e á sinatura dun convenio coa Asociación de Veciños Caselas para a construción dun centro cultural








Salceda de Caselas, 27 de xullo de 2010.- A falta dunhas semanas para estar rematada e ser oficialmente inaugurada, a sede do Partido Popular de Salceda de Caselas, sita na rúa Mártires de Sobredo, recibiu na noitiña de onte luns a visita do presidente do PP provincial, Rafael Louzán. Acompañado de Santiago Rodríguez Davila e demais concelleiros populares e membros do Comité Executivo, Louzán comprobou de primeira man o avanzado das obras e deste novo paso na andaina do PP salcedense, “un proxecto centrado nun obxectivo único: acadar o Goberno local, apoiados baixo o lema xuntos é posible”, sinala Rodríguez Davila.
30.000 euros para a construción dun centro socio-cultural
Outro dos motivos da visita de Rafael Louzán a Salceda de Caselas foi a sinatura dun protocolo de convenio coa Asociación de Veciños Caselas para a construción dun centro cultural. Precisamente, foi Rodríguez Davila o que mediou neste acordo “para que todo chegase a bo fin”, deste xeito aconsellou na solicitude desta subvención ao presidente da asociación Carlos Pérez Pérez e reuníuse tamén co ente provincial para lograr finalmente esa achega de 30.000 euros, cantidade coa que a Deputación participará na posta en marcha deste proxecto, ademais de realizar todo o labor de excavación, con maquinaria propia, para a construción do edificio. Trátase dun centro socio-cultural que será concebido como un punto de encontro veciñal onde poder prestar diariamente asesoramento e información e actividades lúdicas, culturais, educativas e formativas dirixidas a todos os sectores da poboación, así como outras accións puntuais de índole festivo, comunitario ou conmemorativo.
Visita ás obras do campo de fútbol de Penedo Redondo
Cumprindo sempre coa súa palabra, a Deputación de Pontevedra está a acometer as obras no campo de fútbol de Penedo Redondo. As instalacións ubicadas na parroquia de Parderrubias permanecen en obras. A canalización xa se executou e estase a rematar a aplicación do aglomerado previo á dotación de céspede artificial; a maiores tamén está en execución a construción dunha grada cuberta con cargo aos fondos Plan de Investimentos da Deputación. O proxecto conta cun orzamento de 498.000 euros dos cales o Concello aporta o 25%, asumindo o resto o ente provincial, que dotará ao campo dun xogo de porterías de fútbol 11 e dous de fútbol 7, un xogo de bandeirolas de córner, bancadas para os suplentes, un marcador e 200 asentos.
O Partido Popular de Salceda de Caselas lembra que o proxecto estivo paralizado por mor da incorrecta actuación do Goberno local “que non cumpría coas súas obrigas e compromisos e gracias á xenerosidade do presidente Rafael Louzán, que deu o impulso final, os veciños de Salceda de Caselas poderán, nun periodo breve de tempo, disfrutar destas instalacións deportivas tan demandadas por nenos, mozos e maiores”, conclúe Rodríguez Davila.

7/22/2010

Primeira Romería do Partido Popular de Salceda de Caselas


1ª Romería do PP de Salceda de Caselas, o día 8 de Agosto do 2010 na área recreativa do Borralliño en Soutelo.
Menú composto por pulpo, carne "o caldeiro", pan, bebida, café e postre.
Prezo por persoa: 15 euros.
Actividades: Música, humor, xogos populares e máis sorpresas...
Animádevos!!!!


Santiago Rodriguez Davila: "Como Presidente do noso partido en Salceda de Caselas, animo a todas/os a participar desta romería que organizamos con tanta ilusión e esperanza de que dure no tempo...., un saúdo"

As Novas Xeracións de Salceda organizan un campamento de verán


7/06/2010

A CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO DESTINA 30.000 EUROS PARA A SEMANA INTERNACIONAL DA MÚSICA DE SALCEDA DE CASELAS


Gracias as xestións realizadas dende o grupo do Partido Popular local

A CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO DESTINA 30.000 EUROS PARA A SEMANA INTERNACIONAL DA MÚSICA DE SALCEDA DE CASELAS


• Santiago Rodríguez Davila propuxo e, finalmente, conseguiu que o grupo folk Luar na lubre actúe na vila

Salceda de Caselas, 3 de xullo de 2010.- No seu obxectivo de traballar por e para Salceda de Caselas no beneficio de todos os veciños do municipio, o grupo municipal do Partido Popular mediou ante a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia para conseguir a maior achega posible destinada á celebración da Semana Internacional da Música de Salceda de Caselas. Deste xeito, despois das diferentes negociacións e xuntaza co propio conselleiro, Roberto Varela, o PP local logrou que o ente autonómico destinase para este evento unha subvención de 30.000 euros que, “de seguro, suporá unha inxección de calidade na programación desta semana tan ansiada por todos os salcedenses e visitantes amigos da música”, explica Santiago Rodríguez Davila, presidente do PP local.
A maiores, por iniciativa e xestión do propio Rodríguez Davila, o afamado grupo de folk Luar na lubre tamén participará desa semana, do 3 ao 7 de agosto, ofrecendo por primeira vez unha actuación na vila de Salceda de Caselas.