- A Xunta de Galicia executará esta obra cun orzamento de máis dun millón de euros que beneficiará a uns 600 habitantes
Salceda de Caselas, 11 de xuño de 2010.- Ethel Vázquez, presidenta de Augas de Galicia, e membros da directiva do Partido Popular de Salceda de Caselas, acudiron na tarde de hoxe a San Esteban de Budiño para analizar e explicar de primeira man aos veciños a fase inicial do proxecto de saneamento nesta parroquia. Trátase dunha das accións complementarias que porá en marcha a Xunta de Galicia, nos catro concellos que se integrarán no consorcio da EDAR de Guillarei, para facilitar as conexións coa estación depuradora e dotar así á poboación dun acceso axeitado ao sistema de depuración de aguas residuais.
O presidente do PP local, Santiago Rodríguez Davila, lembra que “Budiño é unha das parroquias onde non se fixo nin un só metro de rede de saneamento, polo que se trata dunha obra fundamental e prioritaria que beneficiará a preto de 600 habitantes”. Trátase dun proxecto a curto prazo que supón un investimento de 1.008.033,36 euros e que “gracias ao labor do Goberno autonómico poderá executarse cubrindo así unha das grandes demandas dos veciños da zona”, subliña Rodríguez Davila.
No hay comentarios:
Publicar un comentario