6/29/2010

O PP DE SALCEDA DE CASELAS propón unha mellora do tráfico na saída da rúa vigo


A proposta consiste na eliminación dunha beirarrúa, mantendo outra paralela, para que os conductores teñan unha maior visibilidade á hora de incorporarse a estrada. O estacionamento de vehículos reorganizaríase nun só lateral en batería e gañando en número de prazas



Salceda de Caselas, 29 de xuño de 2010.- No seu labor de velar polo bo funcionamento da vila, o Partido Popular de Salceda de Caselas continúa elaborando propostas, a pesar dos “oídos xordos do Goberno local, que adopta sempre unha actitude negativa ante calquera das nosas opcións alternativas e construtivas”, explica o presidente do PP local, Santiago Rodríguez Davila, facendo referencia ao inapropiado comportamento amosado por nacionalistas e socialistas no último pleno extraordinario de cara ao grupo municipal do Partido Popular durante a presentación das posibles alternativas ao proxecto de humanización, “sempre co obxectivo de facilitar o desenvolvemento da vida diaria a todos os nosos veciños e visitantes”, puntualiza Rodríguez Davila. Unhas propostas que, neste caso, contaban co apoio de comerciantes e veciños.
Nesta ocasión, o PP local presenta unha solución ao caos, e incluso perigo, circulatorio na saída da rúa Vigo. A consecuencia das obras de humanización e posterior establecemento dun único sentido de circulación na avenida de Galicia, a rúa Vigo está a soportar un maior tráfico conxestionándose a saída deste vial cara á rúa Joaquín Fernández Sestelo, “punto no que precisamente a visibilidade para incorporarse á estrada en dirección Parderrubias é mínima dado aos vehículos estacionados na zona”. Neste sentido, dende o Partido Popular de Salceda de Caselas proponse eliminar a beirarrúa de Joaquín Fernández Sestelo, suprimindo así tamén a posibilidade de aparcar nese lateral para aumentar a visibilidade dos conductores. Por outra parte, nunca se perderían prazas de estacionamento xa que na outra beirrarúa paralela, que se mantería activa, disporíanse os vehículos en batería, e non en liña como actualmente, gañando incluso máis espacio para aparcar; ademais, de cara ao futuro poderíase prever a construción dunha rotonda para maior facilidade e reordenación completa da plaza. “Trátase pois da mellor opción para axilizar o tráfico e acadar unha maior seguridade vial da cal se beneficiarán todos os salcedenses e visitantes do noso municipio”, indica o presidente dos populares. Por todo elo, o PP presentará unha moción no vindeiro pleno ordinario reivindicando a execución e posta en marcha desta súa proposta.

6/11/2010

O PP de Salceda de Caselas revisa coa presidenta de augas de Galicia o proxecto de saneamento en Budiño



  • A Xunta de Galicia executará esta obra cun orzamento de máis dun millón de euros que beneficiará a uns 600 habitantes

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. Salceda de Caselas, 11 de xuño de 2010.- Ethel Vázquez, presidenta de Augas de Galicia, e membros da directiva do Partido Popular de Salceda de Caselas, acudiron na tarde de hoxe a San Esteban de Budiño para analizar e explicar de primeira man aos veciños a fase inicial do proxecto de saneamento nesta parroquia. Trátase dunha das accións complementarias que porá en marcha a Xunta de Galicia, nos catro concellos que se integrarán no consorcio da EDAR de Guillarei, para facilitar as conexións coa estación depuradora e dotar así á poboación dun acceso axeitado ao sistema de depuración de aguas residuais.

O presidente do PP local, Santiago Rodríguez Davila, lembra que “Budiño é unha das parroquias onde non se fixo nin un só metro de rede de saneamento, polo que se trata dunha obra fundamental e prioritaria que beneficiará a preto de 600 habitantes”. Trátase dun proxecto a curto prazo que supón un investimento de 1.008.033,36 euros e que “gracias ao labor do Goberno autonómico poderá executarse cubrindo así unha das grandes demandas dos veciños da zona”, subliña Rodríguez Davila.

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. Descrición da obra

No proxecto contémplase a execución dunha rede de 6.409 metros de colectores de PVC de saneamento por gravidade de diámteros de entre 315 e 630 milímetros. A estrutura da nova rede contará cun colector principal de 2.979,16 metros de lonxitude que vai aumentando o seu diámetro dende 315 mm ata 630 mm a medida que se incorporan os nove ramais secundarios que prevé o proxectos.


6/08/2010

O PP de Salceda de Caselas solicita a celebración dun pleno extraordinario.


O obxectivo reside na execución das súas propostas alternativas ao proxecto de humanización, que contan co apoio de veciños e comerciantes e ante as cales o Goberno local “fixo oídos xordos”


Salceda de Caselas, 8 de xuño de 2010.- Ante a negativa do Goberno local de consensuar algunha das alternativas ao proxecto de humanización presentadas polo Partido Popular de Salceda de Caselas, este último viuse obrigado a solicitar un pleno extraordinario para tal fin, que se prevé a súa celebración nun par de semanas.

O PP local conta co apoio de comerciantes e veciños pero enfróntase aos “oídos xordos” dos dirixentes do Concello que “non queren ver a mellor proposta para beneficio de todos os salcedenses e visitantes que se acheguen á vila”, explica Santiago Rodríguez, presidente dos populares.

As modificacións ao proxecto presentado polo Goberno local, como xa se presentou fai unha semana en rolda de prensa, centránse, sobre todo, na posibilidade de acceder ao centro da vila pola Avenida de Galicia, no aumento do número de prazas de aparcadoiro e na creación dunha zona verde, para unha maior rotación no aparcamento de vehículos.

6/04/2010

6/02/2010

Máis aparcamentos e axilidade do tráfico, claves das propostas presentadas polo PP de Salceda ao proxecto de humanización










Os populares contan co apoio de veciños e comerciantes, que aplauden a iniciativa da zona verde e a entrada ao centro pola Avenida de Galicia, entre outras medidas

Salceda de Caselas, 1 de xuño de 2010.- O Partido Popular de Salceda de Caselas presentou esta mañá as súas dúas propostas alternativas ao proxecto de humanización realizado polo Goberno local, que afecta ás rúas centrais Avenida de Galicia, Joaquín Fernández Sestelo e Victoriano Pérez.

Santiago Rodríguez Davila, presidente do PP local, remarcou que “sempre estivemos de acordo coa humanización da vila, pero dun xeito ordenado, no que convivan vehículos e peóns, evitando o caos circulatorio que é o que se producirá se se leva adiante este proxecto que impide cruzar o centro”. Neste sentido, Rodríguez Davila sinalou a mala actuación do Concello ao presentar as obras cando xa estaban contratadas “sen dar opción a que se presentasen outras propostas alternativas”.

As modificacións ao proxecto presentado polo Goberno local centránse, sobre todo, na posibilidade de acceder ao centro da vila pola Avenida de Galicia, no aumento do número de prazas de aparcadoiro e na creación dunha zona verde, para unha maior rotación no aparcamento de vehículos.



Creación dunha zona verde para unha maior rotación no aparcamento

Dende o Partido Popular preténdese crear unha zona de aparcamento regulado, a maiores da azul, que permitiría un estacionamento de 45 minutos, e non de 90 como na azul, “de maneira que se axilizaría aínda máis o tráfico”, sinalaba o presidente do PP local. Esta área, que contaría cunhas seis prazas de aparcamento, estaría ubicada na confluencia das rúas Joaquín Fernández Sestelo e Victoriano Pérez Vidal. Ademais, “prevese que de funcionar con éxito se poida estender o sistema a outras zonas”.



Máis aparcamento e con prazas para discapacitados e motocicletas

Polo que respecta ás prazas de aparcamento, dende o PP desminten o dito polo alcalde “de que o proxecto só eliminaría cinco prazas, pois de seguir as directrices propostas suporía a supresión de entre 15 e 20 prazas”, asegura Rodríguez Davila. Pola contra, con calquera das alternativas populares gañaríanse incluso ata unha ducia de aparcamentos.

Precisamente, na zona destinada a carga e descarga, ao final da rúa Victoriano Pérez, gañaríanse prazas se se desprazase, como se contempla nas alternativas do PP, á parte dianteira da Praza do Concello, na confluencia das tres rúas, lugar onde tamén se propón ubicar os colectores de lixo soterrados. Neste sentido, o grupo municipal do Partido Popular formula que no caso de non ser actualmente viable se reserve o lugar para unha colocación futura.

A maiores, tamén se contempla a creación, nese mesmo punto aparcamentos para motocicletas e discapacitados, pois quedarían unhas beirarrúas de máis de 10 metros “que se poderían aproveitar, facéndoas útiles tanto para peóns como para conductores”.



Entrada ao centro pola Avenida de Galicia

O proxecto do Goberno local contempla a Avenida de Galicia en sentido saída do núcleo urbano. É aí onde radica un gran problema de tráfico “que se solucionaría poñendo o sentido de circulación de cara á Praza do Concello, evitando grandes rodeos innecesarios”, apuntaba Rodríguez Davila.



Propostas alternativas avaladas por veciños e comerciantes

O Partido Popular de Salceda de Caselas reuníuse con comerciantes e veciños para valorar as súas propostas, “vistas con bos ollos” tanto pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Salceda (ACISA) como pola Asociación de Veciños Caselas.

Hoxe mesmo o PP presentou as súas propostas por rexistro e socilitará unha reunión urxente co Goberno local para trasladar a importancia e o contido destas alternativas necesarias, e apoiadas por veciños e comerciantes, co fin de que se acometan.